Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de mayo de 2024

O Concello iniciará a vindeira semana a construción da nova rotonda das Rañas, que permitirá mellorar a mobilidade e reforzar a seguridade viaria na contorna

A intervención levarase a cabo na estrada que conecta O Martinete e Monte Patelo baixo a AC-14. Desta forma, o Goberno de Inés Rey dá resposta a unha solicitude das veciñas e veciños do núcleo das Rañas

O Concello da Coruña porá en marcha a vindeira semana as obras de construción da nova rotonda das Rañas, unha iniciativa promovida co obxectivo de mellorar a mobilidade e reforzar a seguridade viaria na contorna do núcleo poboacional das Rañas, e coa que o Goberno de Inés Rey dá resposta a unha solicitude das veciñas e veciños da zona.

Os traballos, que suporán un investimento superior aos 330.000 euros, serán executados pola empresa Canarga, que comezará nos vindeiros días a delimitar a superficie de intervención e tamén a instalar as casetas de obra no punto de actuación, situado na estrada que conecta O Martinete e Monte Patelo baixo a AC-14.

Pola súa localización estratéxica, a medio camiño entre a área comercial de Agrela e o polígono de Pocomaco, esta estrada é clave, por exemplo, no tránsito diario de vehículos pesados e furgóns de mercadorías. De aí que se valorase a creación desta glorieta no treito de acceso ao núcleo poboacional das Rañas, remodelando o cruzamento existente na actualidade para mellorar a visibilidade xeral nesta intersección, tanto dos peóns coma do tráfico rodado.

O Concello ten previsto reordenar os espazos peonís coa instalación de dous pasos peonís en elevación. Ademais, aproveitarase a intervención para construír un novo treito de beirarrúa no acceso principal aos puntos residenciais, adaptado aos estándares normativos de accesibilidade. En paralelo a este treito, plantaranse novos exemplares de arboredo. Tamén se creará unha pequena zona verde no espazo central da rotonda.

Por outra banda, instalaranse novos elementos de sinalización vertical para acadar unha mellor seguridade e renovaranse os báculos de iluminación dispostos á beira da estrada.

Cómpre lembrar que esta intervención lévase a cabo baixo un formato de cofinanciamento entre o Concello e a Deputación da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais (POS).

O prazo estimado para a execución dos traballos é de aproximadamente seis meses.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión