Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Enténdese por información ambiental toda aquela información escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outro formato, que verse sobre as seguintes cuestións (art. 2 da Lei 27/2006, do 18 de xullo):
O estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, auga, chan, terra, paisaxes, espazos naturais, zonas húmidas, zonas mariñas e costeiras...), a diversidade biolóxica e os seus compoñentes e a interacción entre estes elementos.
Os factores que afecten ou poidan afectar aos elementos do medio ambiente mencionados, entre outros: substancias, enerxía, ruído, radiacións ou residuos, emisións, verteduras...
As medidas en materia de medio ambiente (administrativas, políticas, normas, plans, programas, acordos...) e actividades que afecten ou poidan afectar aos elementos e factores citados, así como as actividades ou as medidas destinadas a protexer estes elementos.
Os informes sobre a execución da lexislación ambiental.
As análises da relación custo-beneficio e outras análises e supostos de carácter económico utilizados na toma de decisións relativas ás medidas e actividades mencionadas.
O estado da saúde e seguridade das persoas, incluída, no seu caso, a contaminación da cadea alimentaria, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións, cando se vexan ou poidan verse afectados polo estado dos elementos do medio ambiente ou, a través deses elementos.
O Concello da Coruña xestiona o seu Sistema de Información Ambiental (SIA), renovado grazas a fondos EIDUS que inclúe unha enorme cantidade de información procedente das redes de vixilancia ambiental e dos modelos de predición da contaminación de alta resolución así como datos satelitais.
Na páxina web que dá soporte ao seu SIA recóllense os contidos mínimos que debe incluír a información ambiental, segundo recolle o art. 7 da lei mencionada anteriormente, entre eles:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible