Concello da Coruña

Concello da Coruña

PADHABA

Padrón de habitantes: alta e/ou modificación de domicilio

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Poboación e comunidades, Trámites online

Órgano responsable:

Interior

Vixente:

Si

O empadroamento é o acto de rexistrarse no municipio de residencia habitual e determina que a persoa é considerada veciña desa poboación. Quen resida en máis dun municipio deberá efectuar o empadroamento naquel no que viva durante máis tempo no ano.

Este trámite permite efectuar:

1) a inscrición no Padrón de habitantes da cidade da Coruña:

  • daquelas persoas que veñen vivir á cidade provenientes doutro municipio do Estado español ou ben do estranxeiro.
  • das persoas que non constan no Padrón de habitantes da Coruña aínda que continúan vivindo na cidade.
  • Porque foron dadas de baixa por non renovar, non confirmar ou por baixa de oficio.
  • Porque non están inscritas en ningún outro concello ou consulado.

2) O cambio de domicilio, dentro do municipio da Coruña, das persoas que xa figuran empadroadas.

    Padrón: alta e/ou modificación de domicilio

    Inscricións:

    Sobre o procedemento

    A quen vai dirixido?:

    Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de domicilio no Padrón de habitantes do municipio.

    As e os menores de idade non emancipadas/os e as/os maiores incapacitadas/os deben figurar empadroadas/os no domicilio dos pais ou representantes legais, agás autorización por escrito destas/es para residir noutro domicilio.

    Requisitos:

    O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo das veciñas e veciños do municipio para todos os efectos administrativos.

    Todas as persoas deberán estar empadroadas no domicilio no que máis tempo residan ao ano.

    Prezo / Custo:

    Ningún

    Órgano que resolve:

    Titular da Concellaría de Seguridade Cidadá e Interior

    Presentación

    Prazo de presentación:

    A solicitude pódese realizar en calquera momento.

    Documentación necesaria:

    Folla padronal coa información de todas as persoas a inscribir, que poderá obter de forma presencial, ou solicitándoa a través deste formulario.

    Para acreditar a identidade

    • As persoas maiores de 14 anos: documento identificativo orixinal en vigor (DNI, Tarxeta de residencia, Pasaporte). Os nacionais de Estados membros da Unión Europea poden identificarse co documento de identidade do país de orixe.
    • As persoas menores de 14 anos: documento identificativo orixinal en vigor (DNI, Tarxeta de residencia, Pasaporte) ou, se non dispoñen del, libro de familia/certificado de nacemento.

    Para acreditar a residencia

    • Titulares do dereito de propiedade da vivenda: escritura, contrato de compravenda, Nota do Rexistro, última factura dunha subministración de luz, auga, gas.
    • Titulares do dereito de arrendamento da vivenda: contrato de arrendamento de vivenda para uso de residencia habitual acompañado do último recibo de pagamento; última factura dunha subministración de luz, auga ou gas.

    Ademais, se o alta ou cambio de domicilio vaise a producir nun domicilio xa ocupado, é necesario contar coa autorización dunha das persoas xa empadroadas no mesmo (a condición de que sigan vivindo nel).

    Para o empadroamento de menores de idade esíxense requisitos adicionais. Consulte o caso concreto nas nosas oficinas.

    Canles de presentación

    Presencial

    Que se necesita?:

    Folla padroal, que poderá obterse no momento da comparecencia ou previamente a través deste formulario.

    O resto dos documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria".

    Como se fai?:

    Debe acudir ás nosas oficinas con toda a documentación, con ou sen cita previa, aínda que é recomendable facelo con cita. Pode obtela chamando ao 010 ou a través da páxina web.

    Para obter a folla padronal previamente cubra este formulario .

    Internet

    Que se necesita?:

    Para completar este trámite deberá dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico.

    Como se fai?:

    O támite integramente en liña consta de tres fases:

    1. Para iniciar o proceso non será necesaria autenticación, só facilitar os datos necesarios ao cubrir o formulario en liña.
    2. En resposta ao paso 1, o Concello devolverá a folla padroal precuberta. Neste envío lembraráselle a documentación que deberá presentar no paso seguinte.
    3. Con certificado dixital, deberá presentar debidamente asinada a citada folla padroal, máis os ficheiros requiridos, que tamén se relacionan no apartado "Documentación necesaria".

    Este paso 3 é o que se realiza neste procedemento ao pulsar o botón "Tramitar en liña".

    Páxina web:

    https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1422

    IMPORTANTE:

    Antes de aceptar continuar con esta tramitación, asegúrese de recibir a folla de Padrón debidamente cuberta polo Concello. Ademais deberá achegar o resto de documentación especificada na apartado "Documentación necesaria".

    A folla de Padrón debe vostede solicitala ao concello da Coruña, a través do formulario de solicitude.

    Segundo opte pola presentación telemática ou presencial da Folla de Padrón e resto da documentación, a folla de Padrón será enviada ao seu correo electrónico ou por correo postal respectivamente. Teña en conta que para a presentación telemática deberán asinar electronicamente a folla de Padrón todas as persoas maiores de idade que figuren na mesma.

    Cando a opción sexa a presentación presencial nas oficinas de atención cidadá, deberán asinala a man e efectuar a presentación de maneira presencial, solicitando cita previa para xestión de padrón en calquera das seguintes oficinas de atención cidadá: María Pita, Fórum ou Ágora.

    Teléfono

    Despois

    Prazo de resolución:

    O prazo máximo será de 3 meses.

    Sentido do silencio administrativo:

    Estimatorio

    E despois?:

    Contra a Resolución de concesión/denegación da inscrición poderanse interpoñer os seguintes recursos:

    • Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo, o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
    • Recurso contencioso-administrativo

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión