12 de enero de 2024
Ata 18.000 persoas gozan da actividade, unha das citas centrais da programación nos Centros Cívicos
Súmase a outras postas en marcha no marco do proxecto Coruña Acompaña, impulsado polo Goberno de Inés Rey no pasado mandato
Os bailes de maiores volven aos Centros Cívicos Municipas a partires do vindeiro luns 22 de xaneiro, cunha nova tempada dunha das actividades de socialización e envellecemento activo máis demandadas pola cidadanía.
Logo da pausa polas festividades do Nadal, os bailes volven aos Centros Cívicos ate o vindeiro 9 de xuño. A actividade, organizada pola concellaría de Benestar Social, ten como obxectivo ofrecer alternativas de ocio ás persoas maiores para fomentar a socialización e actividade física en idades avanzadas.
O primeiro baile celebrarase o vindeiro luns, día 22 de xaneiro, no Centro Cívico de Monelos e o calendario será similar ao dos anos anteriores: os luns os bailes celebraránse no Centro Cívico de Monelos, os martes en Labañou, os xoves no Castrillón e Eirís (en semanas alternas e comenzando no Castrillón o xoves 25); os venres nos Mallos, os sábados en San Diego e os domingos en Montealto. O horario será sempre o mesmo, de 17.00 a 20.30 horas para todas as citas.
Ata 18.000 persoas gozan dos bailes de maiores, unha das citas centrais da programación nos Centros Cívicos Municipais. Súmase a outras postas en marcha polo Concello da Coruña no marco do proxecto Coruña Acompaña, impulsado polo Goberno de Inés Rey no pasado mandato. "Trátase dun programa que ten como obxectivo combater a soidade non desexada, un dos principais problemas actuais que afecta tanto a maiores como a persoas mozas e para o que dende o Concello damos ofertamos máis dun cento de actividades nos diferentes Centros Cívicos e Xuvenís" explicou a alcaldesa, Inés Rey.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible