Charlas e debates
Persoas adultas
27/11/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 18.30 a 20.00 horas.
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184 389
Hai outras formas máis sustentables de facer ou de vivir. Descúbreas!
Os hábitos de consumo conscientes e responsables apoian unha economía humanizada e rexeitan formas de produción que contribúen ao abuso social, ambiental ou laboral. Nunha mesa redonda, tres profesionais dos produtos ecosostibles comparten o seu coñecemento e as súas experiencias persoais sobre as alternativas ao plástico que podemos atopar en ámbitos como a limpeza, a cosmética e a alimentación.
Contaremos así coa participación de Patricia Fidalgo e Laura Naveira de Cos pés na terra e de Daniel Rocha de La revolución de los graneles.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible