Charlas e debates
Persoas adultas
+ 16 anos
28/11/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
de 19.00 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Charla sobre a meditación e o ego con Vicente Goyanes dentro do Ciclo Temático "Cre en ti"
Vicente Goyanes achegaranos á meditación a través desta charla que dividirá en tres partes.
En cada período introduciranos unha práctica meditativa que ilustre, na experiencia das persoas asistentes, os contidos que se vaian desenvolvendo.
A paz máis alá do ego: un proceso evolutivo
1-Lucy e a tensión actual. De como os mecanismos fisiolóxicos do corpo-mente nos nosos predecesores seguen intactos no século XXI
2-Vivir no tempo. A mente en piloto automático. O xurdimento do ego en cada individuo. A auto-imaxe e as súas características.
-O home auto-realizado. Maslow, Krishnamurti, Tolle, A arte de vivir conscientemente. Da dualidade á non-dualidade.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible