Charlas e debates
Familias
+16 anos
14/11/2018
Xa rematou
Dende o 07/11/2018 ata o 14/11/2018
Require inscrición
De 18.00 a 19.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Charla informativa e taller sobre disciplina positiva dentro do ciclo temático "Cre en ti"
Charla da man de María Soto (Educa Bonito) na que nos achegaremos a esta metodoloxía educativa, baseada nunha conexión eficaz e establecemento de límites respectuosos para crear un clima de crecemento persoal que fomente o crecemento familiar.
Esta charla está ligada ao taller práctico "Como favorecer a propia estima".
No taller, poñeremos en práctica o aprendido na charla informativa sobre disciplina positiva; descubriremos que é realmente a propia estima e como lles podemos axudar aos nosos fillos e ás nosas fillas a desenvolvela de maneira equilibrada, acompañando o seu proceso de crecemento tanto a nivel social como individual.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónEn que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstrase aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos,... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios e bebés escóitanse, miran e manipulan libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible