Outras actividades
Persoas adultas
persoas adultas
10/10/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
de 19.00 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Sesión de ioga dentro do ciclo "Cre en ti"
A respiración acompáñanos durante toda a nosa vida, e con todo, a maioría das persoas descoñecen o enorme potencial que se pode desenvolver a través do adestramento coa respiración consciente, o cal nos pode achegar grandes melloras a nivel físico e emocional.
Neste encontro aprenderemos como adestrar a nosa respiracion para acadar o benestar tanto a nivel físico como emocial da man das persoas profesionais do Centro de Ioga Integral Mahashakti.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible