Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Animación no barrio: Taller de animación Stop-Motion

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 10 a 12 anos

Cando:

22/04/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/04/2017 ata o 22/04/2017

Require inscrición

Horario:

11.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 3, 3º. 15002 A Coruña

Contacto:

bmontealto@coruna.es

Tel.: 981 184 382

Aproveitando os recentes Premios Goya, onde foron premiadas o curtametraxe Decorado e a película Psiconautas, ambos os proxectos do veciño do barrio Alberto Vázquez, cremos que é un bo momento para achegar esta disciplina aos nenos/as do barrio.

Empezaremos proxectando un par de curtametraxes que nos servirán como inspiración e referencia, antes de pasar á práctica. Posteriormente aprenderemos a realizar unha animación stop-motion empregando un móbil ou tableta. Como punto de partida utilizaremos algunha das metodoloxías de Gianni Rodari para a creación de historias. O resultado será un vídeo cos debuxos dos nenos/as en movemento.

Imparten o taller Giovanna Lopalco, animadora e ilustradora que traballa con Alberto Vázquez, e Bea Lema, deseñadora e ilustradora.

Queres saber ...

  • Obradoiros

    En que consisten os obradoiros?

    Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.

    Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión