Concertos e recitais, Outras actividades
Para público en xeral
24/10/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
11 horas
Mercado Municipal de Eusebio da Guarda. Praza de Lugo s/n. 15004 A Coruña
Sabes o que é a técnica "nendo dango"? Ven descubrila ao Mercado da Praza de Lugo
Co gallo do Día da Biblioteca, achegámonos ao Mercado da Praza de Lugo para organizar este obradoiro, sobre unha técnica tan sinxela e útil que moitos agricultores e agricultoras están usando non só para reforestar, senón tamén para mellorar a produtividade dos seus cultivos.+
O sistema consiste en crear unhas bolas de arxila misturadas con sementes, e algún tipo de sustrato vexetal e repelentes naturais. Déixanse secar ao sol durante un tempo e xa están listas para ser utilizadas ou conservadas unhas semanas.
Non o perdas!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible