Concertos e recitais
Para público en xeral
24/10/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
11 horas
O proxecto Aldaolado está formado polas poetas María Lado e Lucía Aldao, que desde o ano 2005 achegan a poesía dun xeito diferente ao público.
Co gallo do Día da Biblioteca, achegámonos ao Mercado das Conchiñas e levamos con nós o espectáculo "Porque sí", que mistura recital de poesía en galego, humor e música en vivo. Aldaolado consegue facer do recital poético un acto atractivo, íntimo e divertido para todo tipo de público, ata aqueles que nunca leron a poesía, facéndonos rir e emocionando ao mesmo tempo.
A súa ampla experiencia no teatro permítelle combinar a improvisación e falan sobre o amor, o idioma, as mulleres ou as súas propias experiencias como creadores, entre outros temas.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible