Clubs
Persoas adultas, Xuvenil
21/06/2017
Xa rematou
19 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981184384
Achégate a esta sesión do primeiro club de lectura LGTBI de Galicia!
Neste encontro especial, que coincide no mes de reivindicación de dereitos LGTBQI, falaremos sobre El grupo, de Mary McCarthy.
Unha sesión á que nos comprace convidarte a que te achegues, nos coñezamos, coñezas o club e, se queres, asistas ás próximas sesións.
Queres saber ...
¿En que consiste o club QUEERuña?
Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais dá Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de . Igualdade e diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas e no 2024, ante a forte demanda de participación, ábrese o terceiro grupo. Na actualidade, o club está formado por tres grupos e reúne a 60 persoas mensualmente.
A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira ao redor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para desmenuzar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.
Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible