Contacontos, Concertos e recitais
Infantil, Familias
Nenos e nenas de 3 a 8 anos / Familias
28/05/2019
Xa rematou
Dende o 21/05/2019 ata o 28/05/2019
Require inscrición
18.00 h
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín s/n, 3º. 15002 A Coruña
981 184 382
Actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Gloria Mosquera, principal fundadora de Mamá Cabra, e Diego Maceiras contan varias historias con música e cancións nas que se tratan temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir NON,... facendo reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e da responsabilidade como necesarios mecanismos para a paz e a felicidade.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible