Talleres
Infantil
3 a 6 anos
06/03/2019
Xa rematou
Dende o 25/02/2019 ata o 06/03/2019
Require inscrición
18 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Esta actividade forma parte do ciclo "Contos para a igualdade", onde programamos distintos obradoiros sobre diferentes aspectos da educación para a igualdade en colaboración co Centro de Planeamento Familiar.
Obradorio de xestión das emocións no que, coa axuda do conto titulado ¿Por qué llora el papá?, darémosche as chaves para lexitimar as emocións e desvincular as emocións do xénero.
A actividade será dirixida pola educadora Monse Vilar , experta en Xénero, Identidade e Cultura.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible