Encontros e presentacións
Infantil, Familias
De 8 a 12 anos
Familias
19/12/2019
Xa rematou
Dende o 11/12/2019 ata o 19/12/2019
de 18.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
Continuamos na Biblioteca Os Rosales co ciclo de encontros para pais, nais, fillas e fillos. Intentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto coa colaboración de diferentes profesionais.
Din que os libros que elixen os propios nenos e nenas son os que se converten nos seus favoritos e os que teñen máis probabilidade de ser lidos completamente. Sabemos cales son os seus gustos lectores? Xuntos, bibliotecarias, pais, nais, rapaces e rapazas falaremos de gustos lectores, libros e autores. O pracer da lectura contáxiase lendo xuntos!
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. É imprescindible a asistencia mínimo cunha persoa adulta.
Agardámosvos!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible