Clubs
Persoas adultas, Xuvenil
18/10/2017
Xa rematou
Dende o 12/09/2017 ata o 18/10/2017
19 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Se che apetece ler, facer amizades novas e charlar utilizando un bo libro de temática LGTB como excusa, só tes que achegarte ao club QUEERuña, o primeiro club de lectura LGTBI de Galicia!
O club de lectura QUEERuña volve ás bibliotecas. Reunímonos o terceiro mércores de cada mes, de outubro a xuño, ás 19h na Biblioteca Ágora.
A dinámica do club é moi sinxela: en cada sesión mensual falamos sobre un libro, que devolvemos á biblioteca ao finalizar o encontro, e repartimos un novo, do que falaremos na sesión seguinte.
Entre un encontro e o seguinte publicaremos no blog QUEERuño varias entradas que servirán para contextualizar tanto a obra en cuestión (un cómic, unha novela, un ensaio...), como a súa autoría, temática, época, etc.
A que esperas? Non te vas unir?
Queres saber ...
En que consiste o club QUEERuña?
Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de Igualdade e Diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas e no 2024, ante a forte demanda de participación, ábrese o terceiro grupo. Na actualidade, o club está formado por tres grupos e reúne a 60 persoas mensualmente.
A dinámica é idéntica nos tres grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira arredor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para analizar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.
Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, gana de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible