Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Concurso de escaparatismo

Concurso de escaparatismo

Os negocios interesados poderán apuntarse na web www.escaparatescoruña.es e participaren nun certame en que se repartirán 6.500 euros en premios

A Concellería de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios abriu o prazo para que os comercios de proximidade se inscriban no concurso de escaparatismo. A iniciativa diríxese de novo aos establecementos abertos ao público na cidade e que non formen parte de cadeas comerciais nin se atopen situados en centros comerciais para animalos a participaren nun certame en que se establece un límite de 100 prazas. Un xurado elixirá as dez mellores propostas, para as que se abrirá un período de votacións co fin de que a veciñanza escolla as 5 mellores, que se repartirán 6.500 euros en premios.

O formulario de inscrición e mais as bases do concurso están dispoñibles na web www.escaparatescoruña.es. En caso de que o número de solicitudes sexa maior que as vacantes, seleccionaranse aqueles solicitantes que representen a todas as zonas da cidade e os distintos tipos de establecementos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión