Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2016

O Concello abre o prazo de inscrición para un obradoiro gratuíto de curtametraxes en galego, no marco do Festival CinEOI Coruña 2017

A iniciativa, que se desenvolverá nos meses de xaneiro e febreiro, ten como obxectivo animar á participación no concurso de curtas, que recibirá orixinais até o 5 de abril

O próximo mes de abril regresa o Festival CineEOI Coruña 2017, a mostra organizada polo Concello da Coruña e o equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas que nace co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego entre o alumnado da EOI da provincia, así como das Escolas de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e Pablo Picasso, o Conservatorio Profesional de Música da Coruña e Ferrol e o estudantado do 3º ciclo de Educación Primaria, Educación Secundaria Obligatoria, bacharelato e Formación Profesional dos centros públicos e concertados do municipio coruñés. O festival, cuxa gala terá lugar o próximo 27 de abril, ten aberto ata o día 5 do mesmo mes o prazo de recepción de orixinais, cuxa duración non deberá superar os 10 minutos.

Para promover a participación entre o alumnado coruñés e promocionar o concurso, o Concello vén de abrir o prazo de inscrición para un Obradoiro de achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe, un taller gratuíto e aberto ao alumnado dos centros educativos que participen nas categorías absoluta e xuvenil do VII Festival. Esta iniciativa, de 30 horas de duración e que combina parte teórica e práctica, será impartida polo realizador e guionista Omar Rabuñal Varela nos meses de xaneiro e febreiro de 2017 no Centro Ágora e no aula de informática da EOI.

Durante o taller abordaranse aspectos fundamentais como o guion, a linguaxe audiovisual, o equipo humano, a iniciación á edición ou cuestións técnicas como a iluminación e o son. O traballo final consistirá na gravación dunha curtametraxe duns 6 minutos de duración, na que se porán en práctica os coñecementos adquiridos ao longo do obradoiro.

A inscrición para o taller gratuíto de curtametraxes en galego xa está aberta e pode realizarse ata o próximo 30 de decembro a través da web municipal http://www.edu.coruna.es/

Documentos:

Obradoiro de curtametraxes (PDF) (2 MB)

Bases Festival CinEOI (PDF) (99 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión