O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o dominio de idioma inglés e profundar no coñecemento real doutra cultura, obtendo ademais un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado empadroado na Coruña que curse 1.º de BACH no curso 2023-24.
Anual
O programa promove que o alumnado participe nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.
As condicións do programa recolleranse nas bases reguladoras do programa, que están en elaboración.
O programa Idiomas do Mundo oferta 30 prazas para estadías dun mes en Irlanda durante os meses de xullo ou agosto destinadas a estudantes que cursen 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar.
REQUISITOS
Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña que cumpra os seguintes requisitos:
BOLSA
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as contías e porcentaxes sinalados na táboa recollida nas bases do programa, establecéndose dous tipos de bolsa:
Desde o 23 de febreiro ata o 7 de marzo a través da ficha específica de inscrición: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/idiomas_mundo/
O prazo de inscrición será de dez días hábiles, desde o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña, é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que está establecida nas bases.
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible