Concello da Coruña

Concello da Coruña

Planta de Coxeración de Bens 2023-24

Itinerario/Visita guiada: Duración: 90 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer un espazo cívico gañado pola cidade despois do selado dun vertedoiro
  • As tarefas de acondicionamento e selado da zona realizadas hai anos
  • Coñecer as oportunidades de coxeración enerxética a partir dos residuos confinados
  • Descubrir que outras enerxías temos visibles desde esta atalaia da cidade e que supoñen nos nosos hábitos diarios...

Contidos

  • O derrubamento do vertedoiro e o seu confinamento.
  • As enerxías renovables e o resto de enerxías que chegan á nosa cidade, visibles desde esta atalaia.
  • A coxeración eléctrica a partir dos lixos lanzados ao vertedoiro municipal durante décadas.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

A actividade desenvólvese fundamentalmente no Parque de Bens . Neste parque pódense ver nun reducido espazo distintas fontes de enerxía.

Dividiremos aos grupos para realizar unha xincana na procura destas enerxías. Ao final, realizaremos unha posta en común. A visita péchase accedendo á planta de coxeración de Bens onde aínda hoxe xérase enerxía a partir dos residuos procedentes do selado do vello vertedoiro municipal.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Recursos materiais:

Materiais didácticos sobre as enerxías que servirán de apoio á visita.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión