22 de febreiro de 2024
A matrícula formalizarase do 27 ao 28 de febreiro. As escolas contactarán coas familias con praza adxudicada.
En primeiro lugar obteñen praza nas escolas solicitadas as/os menores empadroados no Concello da Coruña. De existir prazas vacantes, poderán obter praza os/as fillas/os de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no concello da Coruña.
En terceiro lugar, poderán acceder nenos e nenas doutros concellos.
Reserva de praza para menores xa matriculados/as
As escolas infantís municipais tamén abren o prazo de reserva de menores xa matriculados/as, con praza nas escolas. Este período de reserva de praza para o curso 2024-2025 será do 26 de febreiro ao 1 de marzo.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible