Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso de cartas e debuxo "Agora imos andando ao cole" 2023-24

Dirixido ao alumnado de 3ª a 6º de educación primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade, impulsando hábitos de mobilidade saudables nos desprazamentos cotiáns dos alumnos para fomentar o desprazamento a pé de nenos/as e familiares nos seus traxectos escolares.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria dos centros educativos primarios públicos, concertados e privados da cidade.

Temática a traballar en formato carta e/ou debuxo

Concurso dirixido aos centros educativos de Educación Primaria da Coruña, nos que poderán participar os alumnos que cursen 3º, 4º, 5º e 6º en 2023-2024

Os alumnos previos á entrega de traballos deberán recibir un taller teórico no que se traballa distintos temas de mobilidade sustentable e segura, para logo realizar unha carta ou un debuxo dando unha mensaxe en relación ao contido.

Web: www.stopaccidentes.org

https://stopaccidentes.org/conocenos/axuda-orientacion-victimas-afectados-accidentes-trafico/camiños-escolares-ancas/gmx-niv222.htm

Facebook: https://www.facebook.com/stopgalicia

Instagram: https://www.instagram.com/stop.galicia/?hl=é

Twitter: https://twitter.com/GaliciaStop

Cada centro educativo fará unha preselección e enviará un máximo de 15 debuxos e/ou cartas que considere que cumpren os obxectivos do proxecto (xunto coa lista do alumnado seleccionado e o título dos seus traballos), á Asociación STOP Accidente Galicia.

Permitirase participar ao alumnado nas dúas modalidades, é dicir admitiranse por alumno un traballo de carta e debuxo, na que só será finalista nun só traballo.

Premios

Premiaranse 6 debuxos, 6 cartas gañadoras e 3 premios especiais de debuxos de portada e bases do calendario, que serán os traballos que ilustren o calendario da Asociación para 2023.

Os/as alumnos/as gañadores recibirán un premio relacionado coa seguridade viaria e sortearase dous agasallos entre todos os alumnos participantes.

Un ano máis contamos coa colaboración da Fundación Mapfre, o que nos permite transcender co programa fóra da Coruña. Os traballos que participen no Concurso de camiño escolar edición 2022-2023 presentados no termo municipal da Coruña, pasarán a unha segunda fase, onde competirán, con alumnado do resto da Comunidade Autónoma de Galicia; optando ao Concurso Nacional realizado con Fundación Mapfre.

Nesta sesión 2022/2023 participarase na fase da Comunidade Autónoma e Nacional en grupos de idades, unha para 3º e 4º e outra para 5º e 6º.

A entrega de premios para os gañadores da Coruña terá lugar no salón de plenos do Concello no mes de decembro 2023.

Cando:

Dende o 15/09/2023 ata o 30/12/2023

Prazos

  1. Período de inscrición: do 15 de setembro ao 15 de outubro 2023. Ambos os incluídos
  2. Participación nos talleres e recepción dos traballos de cada centro: ultimo 31 de outubro de 2023.
  3. Valoración do xurado: STOP Accidentes, Concellería de Educación e Concellería de Mobilidade do Concello da Coruña.
  4. Entrega de premios e diplomas decembro de 2022 no salón de plenos do concello.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición centros

Enviando un email a ancasgalicia@stopaccidentes.org .

Contacto:

Asociación Stop Accidentes

STOP Accidentes Galicia

Responsable do proxecto: ángela Mª Jiménez Quirós

Avda. de Chile ,19 baixo, A Coruña

T: 981 289 368 / 667 309 450

Correo: ancasgalicia@stopaccidentes.org

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión