Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiros de saúde afectivo-sexual 2023-24

Obradoiro que aborda a saúde afectivo-sexual desde unha perspectiva de xénero, no que se traballan as diferenzas na transmisión de valores emocionais, afectivos e sexuais segundo sexan mozas ou mozos, as repercusións que teñen as ditas diferenzas nas súas vidas e o impacto causado, neste ámbito tan importante da saúde, polos roles e estereotipos socialmente establecidos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado a partir de 2.º a 4.º de ESO, bacharelato e Formación profesional básica e media.

Horario:

Lectivo dos centros educativos

Obxecto:

Obxectivos xerais

  • Sensibilizar o alumnado sobre a influencia da educación afectivo-sexual nas súas vidas, así como sobre o impacto causado polos roles e estereotipos socialmente establecidos a través de diferentes fontes (publicidade, redes sociais, pornografía).
  • Crear un espazo no que poder falar con liberdade, nun clima de confianza, arredor da afectividade e a sexualidade.
  • Ofrecer estratexias que promovan unha sexualidade igualitaria, libre, sa e pracenteira.
  • Contribuír, en coordinación co profesorado, á normalización dentro das aulas da educación afectivo-sexual.

Obxectivos específicos

  • Facilitar a revisión e o cuestionamento de mitos e conceptos falsos relacionados coa expresión de emocións e sentimentos.
  • Abordar os dereitos sexuais e reprodutivos na adolescencia.
  • Cuestionar actitudes e condutas sexuais e afectivas negativas (como poden ser as homófobas e sexistas), potenciando a empatía, a tolerancia e o respecto como bases para establecer unhas relacións positivas e sas entre as persoas, tendo en conta a perspectiva de xénero.
  • Orientar o alumnado para unha correcta toma de decisións e para a asunción de responsabilidades en relación a unha/un mesma/o e cara ás demais persoas.
  • Favorecer a prevención de condutas de risco nas relacións sexuais.
  • Favorecer a prevención da violencia sexual.
  • Sensibilizar fronte aos conflitos entre os desexos, valores, normas sociais e culturais.
  • Proporcionar unha relación de recursos e servizos de interese para a adolescencia e mocidade (centros de atención psicoafectiva, teléfonos, correos electrónicos, webs oficiais, ligazóns).

Introdución

Non existe unha sexualidade "normal", "correcta ou incorrecta". Todo aquilo que provoque un desexo ou unha curiosidade é adecuado. Só hai unha regra para unha sexualidade saudable: o respecto a un/unha mesmo/a e cara ás demais persoas.

Neste obradoiro abórdanse as consecuencias que ten unha educación afectiva que se elabora de modo diferente segundo se dirixa ás mozas ou aos mozos e que perpetúa, no conxunto da sociedade, diferentes expectativas segundo o xénero.

Existen un gran número de factores sociais que están a influír na aprendizaxe, as actitudes e condutas afectivas e sexuais da adolescencia e mocidade. Estes factores contribúen a manter e reforzar os roles e estereotipos de xénero, as desigualdades na parella e a violencia de xénero dentro e fóra da parella, destacando especialmente as violencias sexuais.

Estes factores evidencian un único modelo sexual, predominantemente masculino, heterosexual, carente de mensaxes positivas, centrado no goce persoal, na xenitalidade e nas relacións de poder e sometemento por parte dos homes sobre as mulleres.

A saúde afectivo-sexual forma parte da saúde integral da persoa, de aí a necesidade de abordar temas de sexualidade e afectividade dentro das aulas, para que o alumnado poida dispoñer dun espazo onde revisar e cuestionar este modelo afectivo-sexual tan pouco saudable.

Igualmente, existen tantas sexualidades como persoas hai no mundo, polo que a educación sexual debe ter en conta esta realidade, defender o dereito á diversidade sexual e a vivir de forma positiva o feito sexual humano e as súas posibilidades dende o respecto e a igualdade.

Condicións do programa/obradoiro

Metodoloxía

As actividades serán participativas, adaptaranse ás necesidades do alumnado e terán como eixe condutor o respecto en temas tan delicados ou sensibles como a saúde afectivo-sexual.

Potenciarase o intercambio de ideas, creando un clima de confianza no que ao alumnado resúltelle fácil falar das súas propias emocións e preocupacións, sen sentirse cuestionado.

Os contidos e materiais didácticos empregados estarán axustados ao nivel educativo e curso do alumnado participante.

O desenvolvemento do obradoiro abordará de maneira transversal o fomento de habilidades de comunicación e empatía entre o grupo de iguais.

Duración

Cada taller terá unha duración de 4 horas, secuenciadas en distintas sesións de 2 horas de duración máxima por sesión. Con todo, os horarios acordaranse con cada centro educativo.

As sesións serán secuenciadas consecutivamente e o máis próximas no tempo posible.

Procedemento de actuación polo centro educativo

Cada centro poderá seleccionar un máximo de dous talleres, seleccionando o centro educativo o nivel educativo e curso que considere máis acaído dos que se relacionan no apartado de "persoas destinatarias".

Cando:

Dende o 08/01/2024 ata o 21/06/2024

2.º e 3.º trimestres do curso escolar 2023-2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM A Coruña)

Correo electrónico: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67126 - 67905

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión