Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prevención, abordaxe e xestión de conflitos 2023-24

Obradoiro que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de substancias adictivas e alcohol en particular.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Benestar social

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º de ESO.

Abordaranse as seguintes temáticas relacionadas coa xestión de conflitos

  • Conflitos: oportunidades e riscos
  • Diferenzas de xénero e culturais: estereotipos, prexuízos, tópicos
  • Enfrontamento dos conflitos
  • Promoción de actitudes prosociais e saudables
  • Xestión de conflitos de forma construtiva (individual e grupal)

O obradoiro desenvólvese en catro sesións de 50 minutos.

Cando:

Dende o 02/11/2023 ata o 07/06/2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (o centro)

Ficha de solicitude específica "Programas educativos do Departamento de Benestar" (o centro)

Contacto:

Servizos Sociais

Teresa González

m.gonzalez@coruna.gal

Recursos humanos:

Obradoiro impartido por persoal técnico da Asociación de Axuda a Familias de Drogodependentes (ADAFAD).

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión