Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XII

O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, ofrece a titulados de grao superior de FP a oportunidade de realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de diversos países de Europa (Malta, Italia, Portugal, República Checa, Polonia ou Austria), para promover a adquisición de competencias profesionais e mellorar as oportunidades de emprego, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Persoas tituladas de ciclos superiores de FP específica e cursos de especialización de FP entre decembro de 2023 e xuño de 2024, nos centros públicos de FP adscritos ao programa: CIFP Ánxel Casal, CIFP Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e IES A Sardiñeira.

No caso das persoas tituladas en xuño de 2024, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter terminado o ciclo e superada a FCT.

Non poderán participar as persoas tituladas en FP na modalidade Dual.

Ter escasa ou nula experiencia profesional na titulación de FP cursada.

Prezo / Custo:

Dotación da bolsa

As persoas participantes recibirán en concepto de bolsa unha axuda económica 1.500,00 € destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino (alimentación, viaxes locais e demais gastos diarios).

Ademais financiaranse as viaxes e o aloxamento.

A contía total está calculada sobre a base dos importes establecidos polo SEPIE e a achega municipal e da posible achega da Deputación.

Obxecto:

O obxecto deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozos e mozas profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas de diversos países de Europa.

Cos obxectivos de:

  • Apoiar a adquisición de competencias e mellorar o desenvolvemento persoal e as oportunidades de emprego.
  • Mellorar a competencia en linguas estranxeiras.
  • Aumentar a conciencia e comprensión doutras culturas e países.
  • Asegurar un mellor recoñecemento das competencias adquiridas en períodos de aprendizaxe no estranxeiro.

Servizos incluídos no programa

O programa inclúe os seguintes servizos para cada participante:

  1. Viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino.
  2. Aloxamento no país correspondente durante o período da estadía.
  3. Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de 90 días.
  4. Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía
  5. Titorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado, tanto da empresa coma da organización intermediaria no país de destino.
  6. Realización, como mínimo, de dúas xornadas de preparación específica para as persoas participantes no programa.
  7. O acceso a un curso "en liña" dos idiomas dos países de destino.
  8. Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil.
  9. Tramitación da documentación ante o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

Condicións do programa

Dentro do prazo de presentación de solicitudes, ademais de formalizar a ficha de inscrición na web www.coruna.gal/educacion , as persoas interesadas deberán achegar unha serie de documentos nos rexistros municipais ou outros (presencialmente ou por rexistro electrónico https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l322),

A selección realizarase tendo os seguintes criterios (por confirmar):

  1. Cualificación media final no ciclo formativo. Ata 10 puntos
  2. Cualificación do idioma estranxeiro. Ata 12 puntos, de acordo ao nivel de lingua estranxeira adquirido no Marco Común Europeo das Linguas.
  3. Valoración do informe da titoría do centro onde o participante realizase os seus estudos. Ata 5 puntos.

Entidades colaboradoras

Nove centros educativos públicos de FP da Coruña, con titulacións de grao superior adscritos ao proxecto, que xunto coa Deputación (que achega financiamento) e o Concello da Coruña conforman o Consorcio.

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), do Ministerio de Universidades, que ten como misión xestionar a participación española no Programa Erasmus +.

Cando:

O período de realización das prácticas formativas será de setembro a decembro de 2024 (por confirmar).

Duración das prácticas: 3 meses (90 días).

Inscricións:

Dende o 05/03/2024 ata o 25/03/2024

O prazo de inscrición e presentación da documentación é de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte de publicación no BOP das bases de selección (num.45 do 4 de marzo de 2024)

Acceso á inscrición: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/acore/

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200, ext. 10259 e 10911

educacion@coruna.gal

Requisitos:

Segundo as bases do programa

Organiza:

Concello da Coruña, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) do Ministerio de Universidades e a Deputación Provincial da Coruña.

Documentos:

Bases de selección Acoreuropa XII (650 KB)

Publicación das bases no BOP (131 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión