Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de fomento e dinamización do galego na REIM

Once pases escolares do espectáculo "Zapatos", de Caramuxo Teatro

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Normalización Lingüística

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

Obxecto:

Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:

  1. Contribuír na galeguización de todos os niveis do sistema educativo e na dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.
  2. Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializaren, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.
  3. Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, sobre todo nun contexto tan castelanizado como A Coruña.
  4. Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, principalmente lúdicos e didácticos e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas crianzas.

Co fin de conseguirmos estes fins propoñemos realizar:

  • 11 pases escolares do espectáculo "Zapatos", de Caramuxo Teatro

Os espectáculos realizaranse nas propias EIM, entre setembro e novembro de 2023, nas datas e horarios que entre as dúas partes se acorden. De cada actividade desenvolverase un pase nas escolas Luis Seoane, Os cativos, Monte Alto, Caracola e Agra. Nas tres EIM que contan cun maior número de alumnado (Arela, Os Rosales e Carricanta) levaranse a cabo dous pases do espectáculo en vez de un. 

Idade: de 0 a 3 anos

Duración: 30 minutos aprox.

A compañía coruñesa de teatro infantil e familiar Caramuxo Teatro, dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola, leva 20 anos traballando na liña específica da creación para bebés e representaralles ao alumnado e profesorado das escoliñas o espectáculo "Zapatos", recomendado pola Rede Nacional de Teatros. 

Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartiren emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. "Zapatos" narra unha historia fantástica sobre os zapatos que non teñen dono e xa ninguén usa. Unha posta en escena sinxela pero de aprendizaxe para as crianzas que a compartirán co seu profesorado.

Cando:

Dende o 01/09/2023 ata o 30/11/2023

Xa rematou

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión