Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa MACO (Málaga/Coruña)

O programa educativo MACO nace coa vocación de profundar na traxectoria persoal e artística de Picasso a través da colaboración das Escolas de Artes Superiores de Deseño da Coruña e Málaga. Persegue poñer en valor o papel da formación no período académico e a influencia das vivencias nas dúas cidades (Málaga e A Coruña) na súa obra.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado da Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso.

Horario:

Non lectivo.

Obxecto:

O programa persegue como finalidade compartir experiencias do alumnado das Escolas Superiores de Arte e Deseño Pablo Picasso da Coruña e San Telmo de Málaga, coa premisa de "irmanar" ambas as escolas ao redor de figura de Picasso, no ano do 50 aniversario da súa morte e por ser ambas as cidades unha referencia na súa biografía artística.

O programa desenvolverase na escola de San Telmo en Málaga durante un período de 4 días durante o mes de novembro do 2023. Ao longo destes días desenvolveranse actividades (obradoiros e rutas) relacionadas con Picasso.

O programa inclúe o financiamento, por parte do Concello, dos seguintes servizos para o alumnado seleccionado e 4 profesores acompañantes:

  • Desprazamentos de ida e volta A Coruña-Málaga
  • Aloxamento hostaleiro en cuarto dobre con media pensión (almorzo e cea)
  • Seguro de viaxe e de responsabilidade civil
  • Material para o desenvolvemento dos obradoiros (achegado pola escola)

Condicións do programa:

NUMERO DE PRAZAS OFERTADAS

Ofertaranse un máximo de 16 prazas para participantes, acompañados por 4 profesores das distintas materias.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

1. Estar matriculado na Escola de Arte e Superior de deseño Pablo Picasso no curso 2023-2024 nalgunha das seguintes especialidades académicas:

  • EEAASS Deseño gráfico
  • EEAASS Deseño de interiores
  • EEAAPP Dourado, prateado e policromía
  • EEAAPP Escultura aplicada ao espectáculo
  • EEAAPP Fotografía
  • EEAAPP Ilustración
  • EEAAPP Taller de cerámica
  • EEAAPP Taller de madeira

2. Presentar, xunto coa solicitude ( Solicitude de carácter xeral ), unha proposta de proxecto (en fase de bosquexo ou de idea) baseada na reinterpretación dunha obra de Pablo Picasso na que o alumnado deberá plasmar unha nova visión desta co obxectivo de reproducila nos obradoiros de serigrafía da EASD San Telmo. A extensión desta proposta non excederá de 10 páxinas e deberá incluír:

  • Portada: Nome do programa, nome e apelidos do autor/a, enderezo de correo electrónico e especialidade formativa na que está matriculado/a
  • Xustificación da proposta: idea ou bosquexo da proposta que comprenda unha explicación xustificativa do traballo que se vai a desenvolver, cun acompañamento visual mínimo para que se poida apreciar o mellor posible a proposta presentada.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Para a valoración das propostas presentadas, teranse en conta os seguintes aspectos:

  1. Orixinalidade, creatividade e motivación da proposta: ata 7 puntos. Valorarase a incorporación ao proxecto das tendencias estéticas e culturais con criterios de significación; o manexo de recursos expresivos e comunicativos propios das artes plásticas e do deseño na formulación de propostas creativas; a procura da excelencia e calidade na súa obra e a formulación razoada e crítica de ideas e argumentos.
  2. Viabilidade técnica da proposta: ata 3 puntos Valorarase a compilación de información significativa e sintetizada; o manexo da metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables; amosar unha actitude de responsabilidade no uso dos medios e recursos ao seu alcance en relación co patrimonio cultural e ambiental e a posibilidade de reprodución polos medios e canles previstos

O resultado da avaliación publicarase nos lugares onde foi publicada a convocatoria e será comunicado individualmente por correo electrónico ás persoas seleccionadas. De causar algunha baixa será chamado o seguinte en función da puntuación obtida e por rigorosa orde desta.

Non serán tidas en conta aquelas solicitudes que non se acompañen da documentación requirida no prazo establecido para a súa presentación.

CALENDARIO

  • Fase 1: Difusión do programa: do 11 a 15 de setembro do 2023.
  • Fase 2: Presentación de solicitude e proposta de proxecto no Concello: do 18 a 29 de setembro do 2023.
  • Fase 3: Selección de persoas participantes: do 2 a 6 de outubro do 2023.
  • Fase 4: comunicación das persoas seleccionadas: do 9 a 11 de outubro do 2023.
  • Fase 5: viaxe de desenvolvemento do programa: do 6 a 9 de novembro do 2023.

SELECCIÓN DE PARTICIPANTES

Reunida a Comisión de valoración do programa MACO 2023, o día 6.09.2023, formada por:

Dª. Ana Judel Prieto (Técnica de educación), presidenta.

Dª. Jessica Maceiras Gestal (Técnica de educación), secretaria.

Dª. Antía Salgado Mesa (Vicedirectora EASD Pablo Picasso), como representante da dirección da Escola.

Dª. Elena Iglesias Rodríguez (Xefa do departamento de Ensinos Superiores de Deseño Gráfico)

D. Javier Macho Eiras (Xefe de departamento de Ensinos Profesionais de Deseño Gráfico)

Acordou por unanimidade seleccionar 16 persoas que participarán no programa de actividades do programa MACO CURSO 2023-2024, que se desenvolverá na ESAD de en San Telmo Málaga durante o período do 6 ao 9 de noviembro do 2023, segundo o Acta de selección MACO 2023 .

Cando:

Dende o 01/09/2023 ata o 10/11/2023

Viaxe a Málaga do 6 ao 9 de novembro de 2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/09/2023 ata o 29/09/2023

A presentación da solicitude e a documentación requirida deberá presentarse nun rexistro do Concello da Coruña, dirixido ao Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña co epígrafe "participación no programa MACO".

Contacto:

Coordinadora:

Ana Judel Prieto, Técnica de Educación.

Servizo Municipal de Educación. T: 981 184200 ext. 10259

Máis información:

Entidades colaboradoras:

  • Escola Superior de Arte de Deseño Pablo Picasso da Coruña
  • Escola Superior de Arte San Telmo de Málaga

Documentos relacionados

  • Acta de selección MACO 2023 (254 KB)
  • Modelo de solicitude xeral (119 KB)
  • Bases reguladoras para a selección do alumnado (323 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión