Concello da Coruña

Concello da Coruña

Residuos urbanos na Coruña 2023-24

Programa de educación ambiental dirixido a coñecer as claves críticas da xestión sostible e o Plan de Residuos Municipal.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

EP (2º, 3º, 4, 5º e 6º), ESO (de 1º a 4º), BACH (2º) e EE. Áreas de interese: "Ciencias da Natureza" en EP; "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional", "Bioloxía e Xeoloxía" e "Cultura Científica" en ESO e "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente" e "Economía" en BACH. Colectivos.

Obxecto:

  • Identificar as claves críticas da xestión sostible dos residuos: redución, reutilización e reciclaxe
  • Coñecer o Plan municipal: separación en orixe, recollida selectiva e valorización dos residuos
  • Diferenciar entre economía lineal e circular
  • Coñecer a dotación e infraestruturas do Plan de Residuos: Planta de Nostián, Puntos Limpos, colectores, limpeza viaria

Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara a ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de "usar e tirar", imperante hoxe en día.

Reducir o consumo de materias primas, reutilizar manufacturas, pechar os fluxos económicos e ecolóxicos dos recursos limitados e cubrir as necesidades da poboación de maneira sostible son a base da economía circular. No Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña apóstase por unha separación selectiva en orixe que permite unha mellor integración dos residuos nos procesos de reciclaxe e compostaxe.

ESTRUTURA

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Obradoiro- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

A consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc que poidamos visitar na saída educativa.

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

educacionambiental@coruna.gal

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión