Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sementando Participación 2023-2024

"Sementando participación" é un programa que se levará a cabo en 2023 co obxectivo de xerar un proceso de participación infantil para que as e os menores e adolescentes da cidade coñezan e practiquen técnicas, ferramentas e habilidades para a participación cívica.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Participación

Tipo de actividade:

Outras, Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado e profesorado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña.

Horario:

Formación do profesorado: 4 h nun día ou 2 h en dous días.

  • Farase un só grupo con todo o profesorado participante.
  • Farase por semana.

Formación do alumnado: 5 sesións de 50 minutos para cada grupo e 1 acto final conxunto con todo o alumnado.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

O Concello da Coruña, a través do Servizo de Participación Cidadá e Innovación dependente da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, pon en marcha de novo o proxecto "Sementando Participación". O programa pretende conseguir que a infancia poida expresar libremente as súas ideas e opinións e que estas se teñan en conta e se incorporen nos procesos de toma de decisións en todos os asuntos que lles afectan. A construción dunha voz propia e a consideración da infancia como suxeito colectivo require a incorporación de destrezas, tanto no individual como no colectivo que permitan o exercicio dunha participación efectiva.

Con esta iniciativa apóstase por unha infancia responsable e participativa, ofrecéndolle un espazo propio para expresar as súas ideas e opinións, e a posibilidade de trasladalas ao equipo de goberno.

O Concello da Coruña e a entidade Educo unen esforzo e traballo neste programa que parte da premisa de que a participación cidadá é, ademais dun medio, un procedemento para o apoderamento das persoas, para o exercicio da súa plena cidadanía, do seu dereito á participación e que se desenvolve durante toda a vida

Esta proposta, está dirixida a alumnado de 5 º e 6º de Educación Primaria, tendo como obxectivo principal contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa dos dereitos da infancia a través do fortalecemento específico da participación de nenas, nenos e adolescentes. Para isto nos centros educativos traballarase en dúas liñas:

  • A mellora dos coñecementos e habilidades do alumnado e profesorado para a efectiva participación infantil.
  • A motivación de espazos participativos de encontro do alumnado co equipo de goberno municipal no Concello.

Condicións do programa

  • Pode participar no programa o alumnado de 5º e 6º de EP de centros educativos do termo municipal da Coruña.
  • É condición indispensable que participe no proxecto polo menos un profesor por grupo.

Cando:

As datas de realización están por determinar.

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Fundación Educo

Mónica Viqueira Martínez

Tels. 981 200 826 / 607 166 927

monica.viqueira@educo.org

Organiza:

Área de Igualdade, Benestar Social e Participación

Servizo Municipal de Participación Cidadá

participacion@coruna.gal

Tel. 981184255

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión