Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2023-24

Visita á Casa das Ciencias, á Domus e ao Aquarium Finisterrae

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Museos científicos

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de todos os niveis educativos

Horario:

Días lectivos de luns a venres

Condicións do programa

  • Concertar a visita con, polo menos, 24 horas de antelación
  • Asistir un/unha educador/a por cada 25 alumnos/as
  • Mostrar na recepción do museo a carta de confirmación coas condicións da reserva

Observacións

  • As instalacións da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae contan con servizos e ascensores para persoas con discapacidade.
  • Ademais de visitar as salas de exposición, tamén é posible reservar outras actividades como a asistencia a proxeccións (planetario e cinema) e a realización de talleres experimentais.
  • Os centros educativos localizados no concello coruñés teñen entrada gratuíta.

Suxestións

Aconséllase que o profesorado que acompañará o alumnado asista a unha das reunións de preparación da visita que se realizan nos centros.

Pídese que se respecten os horarios concertados para a boa organización da visita.

Cando:

Dende o 11/09/2023 ata o 30/06/2024

Inscricións:

Inscrición para os centros

Mediante o formulario de solicitude de reserva, que se pode descargar en: /mc2/gl/visitas-escolares

Os centros escolares que desexen visitar as salas de exposición da Casa das Ciencias, a Domus ou o Aquarium Finisterrae, asistir a unha sesión do Planetario ou de cinema na Domus, ou a unha das actividades e obradoiros que se ofertan para grupos escolares deberán cubrir e enviar unha solicitude de reserva por correo electrónico.

Contacto:

Reserva de visitas escolares

Correo electrónico: reservas@casaciencias.org

Tel. de reservas: 981 189 848

Casa das Ciencias

Parque de Santa Margarida, s/n (15005)

Teléfono: 981 189 844

Domus

R/ Ángel Rebollo, 91 (15002)

Teléfono: 981 189 840

Aquarium Finisterrae

Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34 (15002)

Teléfono: 981 189 842.

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión