Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares Coruña de aventura 2023-24

Visitas a diversas entidades da cidade e percorridos guiados para alumnado de centros educativos en horario escolar.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil, primaria, secundaria e especial, en función dos requisitos das visitas.

Respectarase o número máximo de alumnado previsto en cada visita, para garantir tanto a seguridade como que se poidan ver os procesos e escoitar as explicacións con claridade.

Sesións de 90 minutos. O horario establecerase unha vez que estea elaborado o calendario.

  • As visitas son gratuítas.
  • Cada centro poderá solicitar unha única visita ou itinerario por grupo-clase.
  • Non se poderá solicitar a mesma visita ou percorrido para máis dun nivel por centro. Valoraranse as excepcións motivadas.
  • O programa ten establecido un número máximo de visitas e itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta se procederá á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
  • O servizo municipal de educación (SME en diante) asigna as visitas (ver proceso de asignación) baseándose nas condicións que indica a empresa e tendo en conta as preferencias dos centros, sempre que sexa posible.
  • Unha vez que os centros teñen asignadas as datas definitivas deben de poñerse en contacto coa entidade (como máis tardar nas 48 horas anteriores a que se realice a actividade) para confirmar a visita e aclarar e/ou acordar calquera cuestión de interese.
  • A aplicación coa que xestionamos o programa envía aos centros un recordatorio das visitas que están previstas para os próximos días, así como unha ficha de avaliación para cada unha das actividades.
  • Importante: No caso de que o centro e a entidade acorden un cambio da data asignada como definitiva polo SME, teñen a obriga de notificarllo ao departamento municipal para poder xestionar dito cambio coa empresa de transporte. De non facelo, poden non cumprirse as condicións establecidas no programa, tales como dispoñer de transporte gratuíto para ese día.

Proceso de asignación das visitas

  • O SME abre un prazo do 15 de setembro ao 15 de outubro para solicitar as visitas a través da ficha específica do programa.
  • O SME adxudica provisionalmente as visitas e o 17 de novembro envía (a través da aplicación do programa) ao centro e á persoa rexistrada como coordinadora un correo coas datas asignadas.
  • Os centros teñen ata o 1 de decembro para comunicar calquera desconformidade coas datas asignadas, en caso de non facelo as datas provisionais enténdense que son adecuadas e pasarán a definitivas.
  • O SME asignará novas datas para as solicitudes que indicaron problemas coa data provisional e unha vez confirmadas as novas datas coa entidade e o centro pasarán a definitivas.
  • O 15 de decembro enviaremos a todos os centros un correo coas asignacións definitivas de datas para as visitas solicitadas. Este documento será o de referencia para as entidades, os centros e o SME ao longo do programa. Os centros deben de comprobar que recibiron o correo e estar atentos ao calendario.

Servizo de transporte

  • O transporte é gratuíto para as Escolas infantís Municipais, os CEIP e os IES da cidade.
  • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada visita. Este horario pode axustarse en función da distancia do centro ao lugar de inicio do itinerario.
  • Os autobuses teñen 54 prazas, polo que en ningún caso se pode exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
  • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente.

Visitas e percorridos que se ofertan

    • Arquivo do Reino de Galicia
    • Biblioteca pública "González Garcés"
    • Bombeiros
    • Bonilla
    • Castelo de San Antón
    • Castro de Elviña
    • Cidade Medieval
    • Coca-cola
    • Coñece o bus urbano da túa cidade
    • El Ideal Gallego - DXT Campeón
    • Fabricación de Eléctrodos de Grafito: Sowa Denko Carbon
    • Fundación Luís Seoane
    • Gadisa
    • Industria Capintaría de aluminio: Aluman
    • Museo de Arte Sacra
    • Museo de Belas Artes
    • Museo das telecomunicacións
    • Museo Militar da Coruña
    • Porto da Coruña
    • Rede de información Xuvenil
    • Torre de Hércules
    • Un día en capitanía

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 15 de setembro ao 15 de outubro de 2023

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Susana Vara Bilbao // Ana Paz Pérez

981 184 200 (Ext 10179 e 10127)

educacion@coruna.es

Documentos relacionados

  • Visitas Coruña de aventura: detalle de cada visita (920 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión