Concello da Coruña

Concello da Coruña

XIV Obradoiro e concurso galego de robótica. A maxia da robótica 2023-24

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde o obxectivo é adquirir formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis e categorías:

  • de 1.º a 3.º de ESO
  • 4.º ESO, BACH e FP de grao medio

O centro gañador en cada unha das categorías recibirá un premio de 300 € (só un premio por centro). Ademais, outorgaráselle un premio especial ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.

Horario:

Horario: das 09.15 ás 14.45 horas

En sesións das 09.15 ás 10.45 h; 10.35 ás 12.05 h; 11.55 ás 13.25 h; 13.15 ás 14.45 h

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.

Preténdese ademais que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.

Obradoiro-Exposición.

Duración: 1 hora e 30 minutos co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.

Fase previa no centro educativo. Iniciación: Cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3 de maneira en liña vendo os dous vídeos de Igaciencia Vídeo de Robótica1 e o VideodeRobótica2.

Fase de desenvolvemento. Taller e Concurso:

Duración: 1 hora e 30 minutos co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programamción baseado en Labview ou estándar en control.

Taller: na primeira media hora, realizarán o obradoiro interactivo, conformado por unha serie de postos cun computador e un pack Lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitores/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facer funcionar o robot.

Concurso: por último, entregaránselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.

Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as por sesión.

O alumnado debe visualizar previamente os dous vídeos citados anteriormente.

Entrega de premios

A entrega de premios será o 10 de novembro ás 17:30 horas no IES Menéndez Pidal.

1 premio por categoría: ESO e Bacharelato, e mellor centro do Concello da Coruña

Cando:

Dende o 06/11/2023 ata o 10/11/2023

No IES Ramón Menéndez Pidal

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Os centros participantes deberán inscribirse desde o 15/09/2023 ata o 15/10/2023 na Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)

Unha vez realizada a inscrición na ficha de solicitude xeral, os centros accederán a realizar a ficha de solicitude específica na páxina de IGACIENCIA (http://www.igaciencia.eu/gl/node/391).

Prazo de inscrición a través da ficha de solicitude específica: do 2 a 27 de outubro de 2023:

  • Do 2/10, ás 10.00 h, ao 11/10, ás 14.00 h, para os centros do Concello da Coruña: 1 grupo por centro na actividade de Robótica o que, á súa vez, dará opción a inscribir 1 equipo por centro na actividade de Drones, de ter interese en participar tamén nesta actividade. Contémplase a excepción para o centro anfitrión que poderá inscribir e grupos neste período.
  • Do 12/10, ás 10.00 h, ao 20/10, ás 14.00 h, para os centros de fóra do Concello da Coruña coas mesmas condicións que figuran no apartado anterior.
  • Do 23/10, ás 10.00 h, ao 27/10: se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo en Robótica e/ou equipo en drons. Tamén terán opción de inscribir un equipo en Drons calquera centro, aínda que non estea inscrito en Robótica.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben (secretaria@igaciencia.org)

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10231 (educacion@coruna.gal)

Recursos humanos:

Monitores/as especializados/as

Enderezo:

Rúa Mª Victoria Fdez-España y Fdez-Latorre 2. 15002 A Coruña

Máis información:

IGACIENCIA (https://igaciencia.eu)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión