Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornadas de orientación artística e profesional (XOAP 2024)

As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Organizadas como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.

O alumnado asistente e o profesorado dos departamentos de Orientación recibirán a guía TI ELIXES 2024, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de educación secundaria, Formación Profesional, estudos superiores e universitarios, así como recursos de procura de emprego.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e F.P. que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

Acceso ás xornadas

O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOAP.

A organización pode solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

Organización

CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS. SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

Pazo Municipal. Praza de María Pita, 1- 3.º andar. 15001 A Coruña

Tel.: 981 184 200. ext. 10259

Horario: de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 h

educacion@coruna.gal www.coruna.gal/educacion

REDE DE INFORMACIÓN XUVENIL

Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano. Tel. 981 184 294

Espazo de información xuvenil - Naves do Metrosidero. Tel: 606 362 366 ou 981 184 200 ext 88038. Avda. do Metrosidero, s/n, Nave 03.

Espazo de información xuvenil - Centro Ágora. Tel. 981 189 888 (ext. 34324// 34325)

Horario: de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 e das 17.00 ás 20.00 h. sábados das 10.00 ás 14.00 h.

Telegram //Whatsapp: 606 362 366.

cmix@coruna.gal www.coruna.gal/informacionxuvenil

Cando:

Dende o 15/04/2024 ata o 22/04/2024

  • O 15 de abril: presentación dos Estudos Superiores de Deseño na EASD Pablo Picasso (r/ Os Pelamios, 2).
  • Do 15, 16, 17 e 22 de abril: visitas aos centros públicos de FP da cidade e a EASD Pablo Picasso para coñecer a súa oferta de ciclos formativos.
  • O luns 22 de abril: presentación dos ciclos de FP Básica, no Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos, 1).

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/04/2024 ata o 08/04/2024

  • Do 1 a 8 de abril ás 14.00 h para o alumnado matriculado en centros da cidade
  • Do 3 a 8 de abril ás 14.00 h para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade

A solicitude en liña faina directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas ás que quere acudir, así como os seus datos persoais. Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un PDF que confirma a inscrición, no cal se incorpora a credencial de acceso ás XOAP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

Documentos relacionados

  • Guía Ti Elixes 2024 (1 MB)
  • Díptico XOAP 2024 (449 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión