Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXXIII Mostra de Teatro Escolar 2023-24

Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do dito centro.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña dos niveis de infantil, primaria e secundaria.

Os centros poderán inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:

  • Educación infantil e primaria: un máximo de 3 grupos por centro.
  • Educación secundaria: un máximo de 3 grupos por centro.

Poderán participar un máximo de 30 grupos.

Horario:

Escolar e extraescolar

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Ten como finalidade potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado, mediente representacións teatrais en diferentes escenarios, e fomentar a convivencia entre os grupos teatrais escolares.

Obxectivos específicos:

  • Potenciar o desenvolvemento da imaxinación, a creatividade e a autoestima.
  • Aprender a controlar o medo escénico.
  • Mellorar as habilidades de comunicación e a oratoria.
  • Mellorar a expresión corporal.

Condicións do programa

1. Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutro centro da mesma etapa educativa e recibirá ao grupo de teatro dese centro, de maneira que será grupo anfitrión e grupo visitante.

2. As obras de teatro poderán representarse en horario escolar ou extraescolar.

3. As representacións teatrais da Mostra axustaranse, como mínimo e máximo, á seguinte duración:

  • Educación infantil: entre 10 e 20 minutos.
  • Educación primaria: entre 15 e 30 minutos.
  • Educación secundaria: entre 30 e 60 minutos.

4. Deberes dos grupos participantes:

• Garantir a presenza dunha persoa responsable durante a representación, que reciba e atenda o grupo visitante.

• Contar cun espazo idóneo e os recursos necesarios para a representación da obra.

• O público asistente deberá estar formado por alumnado de idades similares e idóneas á temática das obras

• Facilitar a convivencia entre os membros dos grupos visitante e anfitrión.

• Cumprir co calendario e horarios establecidos para as representacións, como grupo anfitrión e visitante.

• Xustificar debidamente coas facturas correspondentes todos os gastos xerados pola realización da actividade e relacionados coa obra representada.

Gala final Mostra de Teatro Escolar 2024

O programa finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 14 de xuño no Ágora.

Todas as representacións serán valoradas por un xurado composto por persoas relacionadas co mundo do teatro.

O xurado elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria).

Os criterios de valoración terán en conta:a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, e a coordinación do grupo.

Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100 €.

Cando:

Dende o 07/02/2024 ata o 14/06/2024

A Mostra realizarase nos meses de marzo a xuño de 2024, nas datas que acorden os centros participantes.

Inscricións:

Dende o 07/02/2024 ata o 05/03/2024

Os centros interesados en participar deben cubrir a Ficha de solicitude xeral e a Ficha de solicitude específica .

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10259

educacion@coruna.gal

Vitaevents

Tel.: 692 876 602

info@vitaevents.es

Recursos materiais:

Axuda económica

Cada grupo recibirá unha axuda económica de ata 300 € para gastos xerados pola propia actividade teatral.

Transporte

O concello porá á disposición dos grupos un servizo de transporte gratuíto.

A escenografía non poderá exceder do 2,15 m. de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.

Documentos:

Guía e bases da Mostra de Teatro Escolar (602 KB)

Cartel da XXXIII MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR 2023-24 (205 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión