Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Restauración de lugares de interese turístico, cultural e ambiental dos barrios da cidade (LA3)
Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)
Orzamento: 292.299,99 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: Terminada
Prazo execución: 10 meses
Contratista: Construcións López Cao S.L.
DESCRICIÓN
O cemiterio de Santo Amaro forma parte da memoria histórica da Coruña. Desde fai más de douscentos anos, soterráronse nel personaxes ilustres da cidade ou falecidos nela. É un conxunto de grande interés artístico e patrimonial no que conviven panteóns ou lápidas que representan diferentes estilos arquitectónicos: romanticismo, modernismo, art decó etc. O cemiterio divídese en tres zonas diferenciadas, a relixiosa, a civil e a británica, esta última pechada ao público polo seu carácter privado.
Ao longo dos anos e debido ao crecemento da cidade da Coruña, sucedéronse diferentes ampliacións no cemiterio, que deron lugar á súa actual configuración.
O obxectivo destas obras é mellorar as condicións de estanqueidade das cubertas dos módulos dos nichos, a mellora do firme e da recolleita da auga de choiva mediante as pendentes no novo pavimento e a nova rede de saneamento. Preténdese tamén deixar a canalización para dar o servizo de electricidade e auga dos que carece neste momento a zona de actuación.
LIGAZÓNS DE INTERESE
18 de maio de 2024
El Ideal Gallego
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible