Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coliseum

Enderezo:

Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Teléfono:

981 134 450

Fax:

981 136 001

Páxina web:

http://www.coruna.gal

Horario:

Horario do despacho de billetes do Coliseum: día do espectaculo desde as 17.00 (só se hai localidades dispoñibles)

Horario de despacho de billetes "O Túnel": 2 horas antes de cada espectáculo (só se hai localidades dispoñibles)

Este emblemático edificio, situado no acceso principal da cidade e con deseño vangardista, acolle todo tipo de espectáculos musicais, eventos deportivos, de lecer, asembleas e feiras sectoriais, e é en tempada a praza de touros da cidade.

O Coliseum foi inaugurado o 19 de maio de 1991 e dende entón converteuse na sede dos grandes espectáculos que se realizan en Galicia, e pioneira en España como recinto de múltiples usos.

DATOS DE INTERESE

Trátase dun edificio singular pioneiro en canto á súa concepción e polivalencia funcional. A súa base é circular e ten unha altura máxima ao arco da cuberta de 32,50 m. Pista central (1.900 m2) para usos múltiples (cancha deportiva, praza de touros, auditorio para macroconcertos, salón de baile multitudinario, feiras de mostras). Capacidade para concertos: 8.500 persoas. Cabinas de ensaio para músicos locais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión