Desenvolvemos programas, servizos de atención directa, campañas e/ou actividades puntuais que atenden os seguintes cometidos:
A) PROTECCIÓN DA IGUALDADE
- Velar pola aplicación efectiva do principio de igualdade, tanto na dimensión de igualdade de trato e non discriminación, como de igualdade de oportunidades e igualdade de xénero.
- Promover activamente a eliminación da discriminación por motivos de sexo, orientación sexual, edad, orixe étnica, cultural, discapacidade funcional ou sensorial etc.
- Prestar servizos de atención directa a persoas afectadas por situación de discriminación, especialmente por cuestión de violencia de xénero ou de identidade sexual.
B) EDUCACIÓN PARA OUTRO MODELO DE SOCIEDADE
- Desenvolver programas de sensibilización con enfoque multidisciplinar e coeducativo como parte do traballo en positivo para a convivencia igualitaria na cidade.
- Promover o reparto equilibrado dos usos do tempo dedicados ao traballo remunerado e ao traballo non remunerado.
- Mostrar e poñer en valor modelos de masculinidade igualitaria e corresponsable cos coidados.
- Facilitar procesos de empoderamento persoal e colectivo, a través de recursos vitais para a autonomía, a inclusión e a toma de decisións en igualdade.
- Facilitar recursos para facer da Coruña unha cidade libre de violencias machistas.
- Facilitar recursos para facer da Coruña unha cidade acolledora e inclusiva.