Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Concellería da Área de Benestar Social lanza a campaña "NON MÁIS" cuxo propósito é informar e concienciar, de maneira proactiva, a cidadanía sobre esta problemática, con especial énfase na poboación máis nova.
Os obxectivos da campaña son a promoción da igualdade, a prevención e detección da violencia de xénero e abordar os problemas e consecuencias asociados á violencia de xénero.
Durante os meses de novembro e decembro realízanse diferentes actividades que se poden consultar na web, dirixidas a diferentes públicos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible