63 resultados
22/05/2024
O Aquarium Finisterrae conmemora o Día Internacional da Diversidade Biolóxica organizando unha visita guiada temática polas súas instalacións.
25/05/2024
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza, co apoio do Concello da Coruña, o roteiro literario guiado por Inma Otero Varela "A Coruña de Luísa Villalta: os sotos baixo a pel de cemento"
13/06/2024
A finais do mes de xuño vai comezar o proceso de admisión nos ciclos da formación profesional, nesta actividade traballaremos de maneira conxunta as diferentes fases deste procedemento: solicitude, códigos de consulta, activación contas, etc
Los días 30/05/2024 a las 19:00 , 13/06/2024 a las 19:00
Desde a Rede Municipal de Información Xuvenil, ofrecémosche no mes de maio, unha actividade participativa na que falaremos sobre as cuestións que tes que ter en conta para deseñar unha ruta pola natureza. No mes de xuño, o "Xoves de Achegas" estará adicado á Formación Profesional, nesta actividade traballaremos sobre aqueles aspectos que debes coñecer para poder realizar a admisión nestes estudos.
30/05/2024
Nesta actividade participativa descubriremos como organizar unha excursión pola natureza. Para saír coas vosas amizades a coñecer as marabillosas paisaxes de Galicia, o mellor é levar todo ben preparado. Dun xeito práctico e ameno, traballaremos diversos temas, como desde o que levar na mochila, ata as cuestións básicas de seguridade ou o deseño do percorrido.
10/06/2024
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros proxecta, no Fórum Metropolitano, o documental "Xove, Democracia Nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio mariñao nos anos setenta.
Desde el 26/07/2024 hasta el 27/07/2024
O Morriña Fest volve á Coruña nunha nova edición que terá lugar no Peirao de Batería do porto da cidade. O cartel conta con artistas como Dani Fernández, Juan Magán, Aitana, Lola Índigo e moitos/as máis.
Desde el 21/07/2024 hasta el 26/07/2024
O Concello da Coruña abre as inscricións para participar nos campamentos deportivos organizados pola Deputación no IES Rosalía Mera, e nos que se levarán a cabo deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada na praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas.
19/05/2024
O centro Ágora acollerá este mes un concerto de Ialma, un grupo formado por catro pandeireteiras e cantareiras fillas e netas de galegas na diáspora que, dende hai máis de vinte anos, cantan e tocan o seu país de orixe en todo o mundo. O espectáculo forma parte do programa Agra no Ágora 2024, un programa financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.
19/05/2024
O lendario grupo de folk galego Milladoiro celebra este 2024 o seu 45º aniversario cun concerto especial o vindeiro domingo 19 de maio no Palacio da Ópera da Coruña.
resultados 63
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible