Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2018

Semana da Ciencia 2018

Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 12 ao domingo 18 de novembro sete días de portas abertas.

Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, e ofreceráselle á cidadanía a ocasión de visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia.

Programa completo da Semana da Ciencia:

» Do 12 ao 18 de novembro. Portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, de 10.00 a 19.00 horas (o Aquarium pecha o acceso ás 18.00 horas).

» 14 de novembro. Conversas coa ciencia. Coloquio dirixido por Manuel Vicente, coa participación das investigadoras coruñesas Estela Area Gómez, profesora asistente no departamento de Neuroloxía da Universidade de Columbia, e Sandra Barral Rodríguez, profesora asociada de Neuroxenética da Universidade de Columbia. Na Domus, ás 19.30 horas. Entrada libre ata completar a capacidade.

» 16 de novembro. "Cando elas contan: divulgación científica en feminino". Mesa redonda e presentación do libro «Científicas. Da forza do raio á hélice da vida», de Jorge Bolívar. Na Domus, ás 19.30 horas. Entrada libre ata completar aforamento.

» 17 de novembro. Actos de entrega dos XXXI Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

11.00 horas, na Domus. Presentación dos traballos gañadores dos Prismas 2018. Entrada libre

13.00 horas. Entrega dos Prismas 2018. Salón de plenos do Concello da Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión