Unha actividade nova na que a Domus, seguindo a metodoloxía dun hackathon ou competición colaborativa, abordará unha temática actual desde unha perspectiva científica, social e cultural.
Para público en xeral
12/10/2018
Xa rematou
Para participar é preciso preinscribirse a través deste formulario electrónico o mércores 3 de outubro
Grupos de traballo formados por persoas entre 16 e 25 anos desenvolverán unha iniciativa (actividade, módulo, publicación) que podería realizar o museo arredor do tema da identidade de xénero. Ao finalizar o evento todos os grupos expoñen o seu proxecto, e selecciónase unha idea para ser executada.
As persoas que desexen participar deberán preinscribirse o 3 de outubro a través deste formulario electrónico.
Actividade organizada por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, coa participación de ALAS Coruña, Asociación pola liberdade afectivo-sexual.
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10 h a 20 h, con último acceso ás 19 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
30 de maio de 2024
A estrea terá lugar o venres 31 de maio ás 18.00 horas, e incorpórase á carteleira para partir do sábado 1 de xuño.
29 de maio de 2024
O 5 de xuño presentarase un selo conmemorativo e unha exposición filatélica sobre temas mariños. O sábado 8 de xuño realizarase unha xornada de portas abertas, con reserva previa de entradas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible