Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Plan de acción en materia de ruído

Plan de acción de ruído

Durante o ano 2012 aprobouse o Mapa de ruído da Coruña, actualizado durante o ano 2011, para dar cumprimento ao trámite obrigatorio que establece o Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente a avaliación e xestión do ruído ambiental.

Inmediatamente despois deste proceso, iniciouse o traballo para elaborar este Plan de acción en materia de ruído que recolle as medidas fundamentais para corrixir os problemas detectados no diagnóstico do mapa de ruído.

O Plan de acción en materia de ruído integra as principais medidas de mellora da mobilidade por proposta dos axentes internos responsables das áreas con competencias na materia (Rexeneración Urbana e Espazo Público e Mobilidade), de acordo co actual estado de execución e coa previsión dos novos proxectos que se están desenvolvendo nesta materia, permanece aberto á súa posterior modificación e adaptación tendo en conta a nova realidade da cidade que resulta da actualización do mapa de ruído realizada durante o 2016 ou futuros cambios no Plan de mobilidade sostible.

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña, na sesión realizada o 25 de agosto de 2017, acordou aprobar definitivamente o Plan de acción en materia de ruído, coa finalidade de establecer medidas preventivas e correctoras fronte á contaminación acústica, de conformidade co disposto no artigo 11 da Ordenanza de protección contra a contaminación acústica (BOP núm. 151, do 11 de agosto de 2014).

Estes son os documentos que compoñen o Plan de acción en materia de ruído aprobado definitivamente, unha vez incorporadas as alegacións veciñais:

Memoria Plan de Acción Ruído Galego.pdf
Memoria Plan de Acción Ruído Castelán.pdf
1_RUÍDOS_D1.pdf
1_RUÍDOS_D2.pdf
1_RUÍDOS_D3.pdf
1_RUÍDOS_D4.pdf
1_RUÍDOS_D5.pdf
1_RUÍDOS_D6.pdf
1_RUÍDOS_D7.pdf
1_RUÍDOS_D8.pdf
1_RUÍDOS_D9.pdf
1_RUÍDOS_D10.pdf
2_DIAGNOSTICO_D1.pdf
2_DIAGNOSTICO_D2.pdf
2_DIAGNOSTICO_D3.pdf
2_DIAGNOSTICO_D4.pdf
2_DIAGNOSTICO_D5.pdf
2_DIAGNOSTICO_D6.pdf
2_DIAGNOSTICO_D7.pdf
2_DIAGNOSTICO_D8.pdf
2_DIAGNOSTICO_D9.pdf
2_DIAGNOSTICO_D10.pdf
APROBACIÓN INICIAL XGL
RELACIÓN DE ALEGACIÓNS
RESUMO PROCESO PARTICIPATIVO
APROBACIÓN DEFINITIVA XGL
RESUMO PLAN DE ACCIÓN

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión