Consideracións xerais:
- Os puntos limpos son instalacións municipais gratuítas destinadas fundamentalmente ao depósito de determinadas tipoloxías de residuos municipais especiais, depositados pola poboación en xeral de forma voluntaria.
- O número e a localización dos puntos limpos é competencia do Concello, que terá en conta para iso os correspondentes estudos de viabilidade e funcionalidade deles.
- A xestión dos puntos limpos será realizada polo Concello a través da respectiva empresa concesionaria.
- Os residuos especiais para depositar provirán exclusivamente do ámbito domiciliario ou de pequenos produtores e non está permitida a súa utilización para residuos especiais de medianos ou grandes produtores, que deberán xestionar estes residuos de conformidade coa normativa vixente, en especial toda a referida a residuos perigosos.
- En calquera caso, a entrega de residuos especiais nos puntos limpos non lles permite aos pequenos produtores de residuos perigosos o cumprimento das súas obrigas de xestión, a través de xestores autorizados, e da posesión dos documentos acreditativos de tal entrega a eles, conforme ao disposto na normativa galega.
- En ningún caso nos puntos limpos se entregarán ás súas persoas usuarias xustificantes de entrega de residuos.
Residuos admisibles nos puntos limpos:
Serán admisibles nos puntos limpos os seguintes residuos, debidamente separados e segundo as seguintes cantidades máximas estimativas por persoa e visita:
- Aceite vexetal de cociña e aceite de automoción: 10 litros
- Baterías de automóbiles: 1 unidade
- Chatarras (1 saco)
- CD, DVD, disquetes e casetes
- Cristais planos, ventás e lámpadas (1 bolsa de lixo domiciliario), parabrisas (1 unidade)
- Cascallos de obras menores domiciliarias (4 sacos)
- Filtros de aceite: ata 2 unidades
- Fluorescentes: 4 unidades
- Fotocopiadoras e impresoras (1 unidade)
- Mercurio de termómetro (é necesario levalo nalgún recipiente ou envase plástico hermético)
- Pneumáticos de vehículos: ata 4 unidades
- Palés de madeira: ata 2 unidades
- Papel e cartón
- Pilas, acumuladores e baterías (sen límite)
- Poliespán (só os restos dunha embalaxe)
- Plásticos e grandes embalaxes (ata 6 sacos)
- Residuos perigosos do fogar (aerosois, disolventes, envases de pintura plásticos e metáticos, pegamentos, radiografías e siliconas): 5 unidades de cada tipoloxía.
- Residuos voluminosos de liña branca (frigoríficos, lavadoras e electrodomésticos de grandes dimensións): 1 unidade de cada tipoloxía
- Residuos voluminosos de liña marrón (colchóns, somieres, mobiliario e utensilios de uso común): 2 unidades de cada tipoloxía
- Restos de podas e segas domésticas: 960 litros (equivalente á capacidade de catro colectores verdes situados na vía pública)
- Roupa e téxtiles: ata 2 bolsas (destinada á Asociación Ecodesarrollo Gaia)
- Sanitarios: máximo 4 unidades (non se admiten se son de fibra de vidro)
- Teléfonos móbiles (3 unidades), ordenadores e, en xeral, aparellos electrónicos (1 unidade de cada tipoloxía)
- Tóner (só de impresora)
Para os efectos deste artigo enténdese por saco aquel que pode ser cargado por unha única persoa sen axuda.
A tipoloxía de residuos sinalados poderá ser ampliada polo concello en función da demanda cidadá.
Condicións para a entrega:
- O traslado correrá a cargo da persoa produtora ou posuidora, que poderá levar o automóbil ata o colector do depósito.
- Os residuos non deberán estar mesturados entre si nin con residuos ordinarios.
- A empresa concesionaria da xestión do punto limpo poderá, por razóns xustificadas e debidamente documentadas no libro de incidencias da instalación, non permitir o depósito de residuos.
- O depósito dos residuos será realizado pola propia persoa usuaria das instalacións, segregando as fraccións nos colectores situados e identificados para o efecto.
- A reiteración na utilización do punto limpo implicará unha análise por parte da Inspección Ambiental Municipal, co fin de determinar unha utilización inadecuada.