Convocatoria pública
Para público en xeral
Dende o 24/05/2017 ata o 08/07/2017
Publicación no BOP Nº 96 do 24 de maio de 2017Xa rematou
CONVOCATORIA PARA A CESIÓN DE USO DE VARIOS ESPAZOS NO ANTIGO CÁRCERE PROVINCIAL
O Concello da Coruña, a través das concellerías de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Culturas, Deporte e Coñecemento e Participación e Innovación Democrática publica unhas bases para a convocatoria, en concorrencia competitiva, para a cesión de usos de varios espazos no Antigo Cárcere Provincial.
A convocatoria está dirixida a entidades sen ánimo de lucro rexistradas no REMAC e ten como obxectivo o desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e sociocultural poñendo especial relevancia na recuperación da memoria histórica, no apoio e na posta en valor dos novos creadores locais e a promoción de actividades que non teñen lugar noutros espazos da cidade con carácter regular.
O prazo de presentación de propostas será de 45 días naturais a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
BOP nº 96 do 24 de maio de 2017
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible