Director convidado: Javier Viceiro
Para público en general
14/11/2019
Ya ha finalizado
19:00 h
Palacio de la Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
de balde
"Temas varios e as súas variacións"
PROGRAMA
I.
- Samuel R. Hazo: Tomiño de montaña
- Sergei Rachmaninov: Rapsodia sobre un tema de Paganini, para piano e orquestra (Transcrición para banda: Javier Viceiro-Filgueira) Solista: Javier Ares Espiño (piano)
II.
- John Barnes Chance: Variacións sobre un tema coreano
- Juán Durán: Cervantina (Transcrición para banda: Javier Viceiro-Filgueira)
NOTAS AO PROGRAMA
1) Samuel R. Hazo: Tomiño de montaña
Samuel R. Hazo (Pittsburgh, 1966) cursa os seus estudos de Licenciatura e Mestrado en Música na Duquesne University (E.U.A.). En 2003, Hazo tórnase no primeiro autor que gaña dous concursos de composición organizados pola National Band Association. As súas obras teñen sido interpretadas e gravadas por todo o mundo, destacando as interpretacións da Tokyo Kosei Wind Orchestra e da Birmingham Symphonic Winds, e as gravacións dentro do Klavier Wind Project có mestre Eugene Migliaro Corporon.
Tomiño de montaña (Mountain Thyme) foi encargada pola familia do mestre Brek Mangelson e a súa Westlake High School Band de Saratoga Springs, Utah. É unha peza entendida como tributo á memoria do neno Garrett Kenton Mangelson (Xaneiro de 2009-Xuño de 2011), sendo estreada o 12 de Decembro de 2012.
2) S. Rachmaninov: Rapsodia sobre un tema de Paganini, op. 43
Serguey Rachmaninov (1873-1943), gran compositor, pianista e director de orquestra ruso, é considerado un dos últimos grandes compositores románticos da música clásica europea e paralelamente tamén un dos pianistas máis influentes do século XX.
A súa Rapsodia sobre un tema de Paganini, op. 43, foi escrita para piano e orquestra en 1934 nun estilo semellante a o de un concerto para piano. O propio autor participa na súa estrea xunto á Orquestra de Philadelphia, dirixidos por Leopold Stokowski, o 7 de Novembro de 1934, na Lyric Opera House de Baltimore (E.U.A). A peza é un conxunto de 24 variacións sobre o tema do último dos 24 caprichos para violín solo de Niccolò Paganini. Aínda que non presenta interrupcións, pódense diferenciar tres seccións.
A transcrición para piano e banda foi realizada por Javier Viceiro-Filgueira ao longo deste ano 2019.
3) J. Barnes Chance: Variacións sobre unha canción popular coreana
John Barnes Chance (1932-1972) realiza os estudos de Licenciatura e Mestrado en Música na especialidade de Composición con Clifton Williams, Kent Kennan e Paul Pick na Universidade de Texas (E.U.A.). Chance é coñecido principalmente a través das súas grandes obras para banda, como Incantation and Dance, Blue Lake Overture, a súa Sinfonía nº 2 e as Variacións sobre unha canción popular coreana.
Durante a súa estadía na Corea do Sur, como membro da Eighth U.S. Army Band, Chance toma contacto co folklore autóctono, e desta forma, en 1965, decide empregar un destes temas como base da súa obra Variacións sobre unha canción popular coreana. A Northwestern University Band estreou a peza en Marzo de 1966 na convención da American Bandmasters Association. Durante este acontecemento, a obra recibe o Ostwald Award. A estrutura desta composición consiste na exposición dun tema principal construído sobre a escala pentatónica de La bemol Maior, e 5 variacións.
4) J. Durán: Cervantina
Juan Durán (Vigo, 1960), é sen dúbida, un dos autores máis relevantes do panorama compositivo galego. Ten escrito máis dun centenar de obras dentro dos xéneros camerístico, vocal, sinfónico e escénico, ademais de traballos didácticos, arranxos e orquestracións de música galega. Dentro da súa produción destacan: a cantata Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz, encargo en 2001 da Orquestra Sinfónica de Galicia; a edición, en 2005, da reconstrucción da ópera de Marcial del Adalid Inés e Bianca,; a estrea en 2007 de Divertimento para orquestra, obra encargo da Real Filharmonía de Galicia; a súa cantata Caderno de Bitácora de Valentín Paz Andrade, encargo do Consello da Cultura Galega para celebrar o Día das Letras Galegas en 2012; así como as obras encargo da Fundación BBVA estreadas pola Orquesta de la Comunidad de Madrid: Paseando por Madrid e Cervantina.
Cervantina foi escrita en 2016 para orquestra sinfónica e estreada no Auditorio Nacional o 27 de Setembro dese mesmo ano pola Orquestra Sinfónica da Comunidad de Madrid, con dirección do mestre Víctor Pablo Pérez. Nos seus dez movementos, Durán combina distintas variacións sobre o tema da folía con refinadas elaboracións dos seguintes temas históricos españois: "Guárdame las vacas", "Fantasía de Mudarra", "Tres morillas de Jaén" e "Ay, triste que vengo".
A transcrición para banda foi realizada por Javier Viceiro-Filgueira en xuño deste ano 2019.
VINDEIROS CONCERTOS:
28 DE NOVEMBRO NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO ÁS 20.00 H.
12 DE DECEMBRO NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO ÁS 20.00 H.
19 DE DECEMBRO NO PALACIO DA ÓPERA ÁS 19.00 H.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible