Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2016

Claudia Delso salienta a "vocación dos Orzamentos Participativos de ser un mecanismo estrutural de democracia directa que siga medrando ano a ano"

A concelleira de Participación e Innovación Democrática trasladou este luns ao resto de grupos municipais o informe exhaustivo do proceso, cuxos resultados incluiranse no proxecto presupostario do Goberno local para 2017, ao tempo que xa se traballa na vindeira convocatoria

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, trasladou este luns ao resto de grupos municipais, durante a Comisión de Participación, o estudo elaborado en relación ao proceso de Orzamentos Participativos posto en marcha este ano polo Goberno local, un informe exhaustivo que inclúe cifras detalladas relativas á participación da veciñanza coruñesa, así como mapas e documentación sobre o transcurso e incidencia deste proceso participativo. Como salienta a responsable municipal, trátase "da primeira experiencia de democracia directa que se desenvolve no Concello da Coruña, e o seu resultado terá unha incidencia directa na acción de Goberno, posto que os proxectos máis votados pola cidadanía formarán parte do proxecto orzamentario do Goberno local de 2017 para que poidan convertirse nunha realidade".

O informe -que se axunta- contén información pormenorizada da participación da veciñanza coruñesa na experiencia piloto iniciada este ano pero que, como destaca a concelleira, "ten vocación de convertirse nun mecanismo estrutural". Neste sentido, Delso sinala que o resultado deste estudo será incluído no traballo que o seu departamento está a desenvolver de maneira ininterrompida de cara a que o proceso de Orzamentos Participativos "siga mellorando e poida ir medrando ano a ano" e apunta igualmente que nestas datas estanse a desenvolver reunións de avaliación cos servizos municipais que tiveron implicación nesta primeira edición, "e que son a práctica totalidade, dado o carácter transversal do proceso".

Tal e como fai notar a responsable municipal, o informe vén a ratificar a boa acollida que tivo na cidade o programa de Orzamentos Participativos e a demostrar "o uso responsable que fai a cidadanía dos espazos de democracia directa cando estes se activan". A este respecto, fai notar que, de media, as persoas participantes votaron cinco das propostas, o que deu como rsultado que o millón de euros asignado a estes primeiros Orzamentos Participativos para seren incluído no capítulo de Investimentos do Presuposto de 2017 se reparta en 21 proxectos, que teñen que ver con aspectos diversos, como a accesibilidade, o transporte público, o reverdecemento da ciedade e as melloras ambientais e da biodiversidade ou o espazo público e a súa compatibilidade cos espazos para animais, entre outros. Do mesmo xeito, Delso pon de relevo que 90 entidades da cidade fixeron propostas, dentro das case 2.000 persoas que formaron parte do proceso, "o que demostra que a cidadanía, tanto a organizada como a que non o está, fai uso dos espazos de participación que se abren", e destaca  o "equilibrio que se advirte en canto a xénero das persoas participantes" ou a maior implicación das persoas de entre 29 e 39 anos, cuxa participación duplica a media global do proceso.

A concelleira deu hoxe traslado aos grupos municipais do estudo coa información de cara a "seguir mellorando e ampliando o proceso de Orzamentos Participativos desde a total transparencia".

Documentos:

Estudo Orzamentos Participativos (7 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible