Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocatoria de bolsas para comedores escolares. Curso 2017/2018
O prazo para a presentación de solicitudes está aberto do 9 ao 30 de maio de 2017, ambos os dous incluídos.
O obxecto desta convocatoria é a regulación da concesión de bolsas de comedor, destinadas a familias do Concello da Coruña, en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, que serán incompatibles con calquera outra axuda doutras institucións públicas ou privadas que puidesen percibirse coa mesma finalidade.
REQUISITOS
Estar empadroados e empadroadas, residir de forma efectiva no Concello da Coruña e convivir cos menores de idade para os que se solicita a bolsa. Dado o carácter municipal destas axudas, este requisito deberase manter durante todo o curso escolar, excepto casos valorados polo persoal técnico dos servizos sociais municipais.
Ser o/a proxenitor/a ou ostentar a tutela legal do/da menor ou menores para os que soliciten a bolsa, ou ter concedido o acollemento familiar destes (base 3).
Estar matriculados/as (ou ter solicitada a praza) en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal da Coruña que conten con servizo de comedor en 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.
Non ter cumpridos os 18 anos de idade con anterioridade ao comezo do curso escolar.
Asistir ao comedor do centro durante todo o curso escolar, fóra dos meses de setembro e xuño que poden ter carácter voluntario ou non ofrecer o centro ese servizo. Non se admitirán solicitudes na modalidade de fixos descontinuos nin esporádicos. Excepcionalmente, admitirase a modalidade de fixos descontinuos para o alumnado con educación combinada.
Non superar a renda per cápita máxima de 6.000,00€ anuais, de conformidade co baremo establecido na base 9.
Presentar no prazo establecido a solicitude e toda a documentación preceptiva.
Alcanzar un mínimo de 10 puntos para acceder ao servizo en aplicación do baremo.
Estar ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da participación neste programa, en caso de ser beneficiario/a da bolsa o curso anterior.
Declaración responsable asinada con compromiso de cumprimento de obrigas e de residencia efectiva no termo municipal da Coruña (anexo 1).
Fotocopia do NIF/NIE/Pas, de cada membro da unidade familiar maior de idade*
Fotocopia completa do Libro de Familia ou, se é o caso, documentación que o substitúa.
Fotocopia do carné ou certificado de familia numerosa actualizado, se é o caso*.
Xustificante de empadroamento e convivencia*.
Datos tributarios en poder da Axencia Estatal de Administración Tributaria, de todas as persoas empadroadas no mesmo domicilio maiores de 18 anos e con lazos familiares*.
Informe de vida laboral completo e actualizado, das persoas maiores de 18 anos da unidade de convivencia, expedido pola Tesourería da Seguridade Social ou organismo que corresponda no caso de persoal funcionario.
Xustificantes de ingresos
Para traballadores/as en activo por conta allea: copia de 3 últimas nóminas.
Para traballadores/as en activo autónomos: Declaración trimestral do IRPF e do IVE, dos dous últimos trimestres anteriores á data de solicitude, e, o resumo anual do último exercicio dispoñible. En caso de sociedades, copia do imposto de sociedades do último exercicio dispoñible.
Pensionistas: xustificante da pensión mensual.*
Demandantes de emprego con prestación/subsidio: certificado de prestacións do SEPE/INEM dos 3 últimos meses, con indicación da contía mensual que corresponda e período recoñecido*.
Demandantes de emprego sen prestación/subsidio: certificado do SEPE/INEM de non percibir axuda*.
Perceptores/as de RISGA ou de Renda Social Municipal. Xustificante da contía mensual actualizada e copia do documento de notificación da concesión.
Outras prestacións: certificados emitidos polas administracións correspondentes (Xunta, Seguridade Social etc.), relativos a calquera outra prestación: prestación por fillo/a a cargo, pensións non contributivas, salario da liberdade etc*.
Situación familiar dos pais/nais ou titores.
En caso de separación ou divorcio: copias da sentenza e/ou do convenio regulador actualizados, que especifique a contía da pensión de alimentos.
En caso de unións de feito separadas con fillos recoñecidos no libro de familia ou documento de análogo carácter: copia da sentenza de asignación de garda e custodia, e da pensión de alimentos. De non achegarse os devanditos documentos entenderase que non existe separación de feito, polo que ambos os proxenitores deberán presentar todos os documentos laborais e económicos esixidos a cada membro da unidade familiar.
En situacións de falta de pagamento, presentarase a copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o Xulgado ou xustificante de inicio das actuacións. De non presentar a dita documentación considerarase que a contía por pensións compensatorias ou de alimentos establecida inicialmente estase percibindo, computando esas como ingresos efectivos.
No caso de menores en situación de garda e custodia compartida: xustificantes de ingresos de ambas as persoas proxenitoras, que serán valorados segundo o tipo de custodia: quincenal, semestral, anual...
En caso de acollemento familiar dos/as menores: copia da resolución, auto xudicial e/ou contrato de acollemento con indicación da contía establecida, de ser o caso. Ou do inicio das devanditas actuacións.
Outras situacións: serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais.
Certificados de discapacidade, cun mínimo do 33%, dos membros da unidade familiar de convivencia emitido polo organismo competente.*
En casos de intolerancias alimentarias, informe médico actual no que se especifique o núm. de colexiado e o tipo de intolerancia e a dieta que se precise.
En caso de existencia de malos tratos na unidade familiar de convivencia que tivesen lugar nos últimos 3 anos que se contarán desde a publicación desta convocatoria: acreditación da situación de violencia de xénero, segundo recolle o art. 5 da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007, do 27 de xullo).
En casos de ter Educación Combinada, certificado da Consellería de Educación no que se especifique este tipo de educación e centros educativos nos que se vai cursar.
Xustificantes de pago de alugueiro/hipoteca. Estes documentos serán necesarios se se quere acceder aos beneficios indicados na base 9.
En caso de incompatibilidade horaria por motivos laborais ou formativos: certificación da empresa contratante ou do centro de formación no que constará o horario laboral/formativo de duración estable e non puntual. Se hai dous proxenitores ou conviventes, a incompatibilidade débese acreditar para ambos os dous. Estes documentos serán necesarios se se quere acceder aos beneficios indicados na base 9.
* Esta documentación presentarase só se non autoriza a consulta destes datos por parte da Administracion.
CANLES DE SOLICITUDE:
De forma presencial nos Rexistros Municipais o Rexistro Xeral do Concello.
Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1, C.P. 15001, A Coruña
Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1, C.P. 15006, A Coruña
Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña
Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa Ancares, 15. 15190, A Coruña.
Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello
A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible