Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2019

Bolsas comedor 2019/2020

Convocatoria de bolsas para comedores escolares. Curso 2019/20

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto do 22 de abril ao 6 de maio, os dous días incluídos.

O obxecto desta convocatoria é a regulación das bolsas de comedor para o curso escolar 2019/2020, destinadas a familias empadroadas no Concello da Coruña e que teñan nenos e/ou nenas a cargo, coa súa escolarización feita en centros educativos dentro do termo municipal da Coruña e cumpran os requisitos establecidos na presente convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Toda a información está no documento que se achega "Convocatoria e bases bolsas comedor 2019-20"

Requisitos:

a) Poderán acceder á bolsa de comedor, todas as persoas compoñentes da unidade familiar que estean empadroadas e convivisen no mesmo domicilio do Concello da Coruña cos/as menores de idade para quen se solicita a bolsa. Dado o carácter municipal da prestación, este requisito deberá manterse durante todo o curso escolar 2019/2020, sen prexuízo de que ante situacións excepcionais, que serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais, se poida excepcionar este requisito.

b) Ser o/a proxenitor/a ou ostentar a tutela legal ou ter concedido o acollemento familiar do menor ou menores para os que soliciten a bolsa.

c) Ter matrícula efectiva ou praza solicitada dos/as menores en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal da Coruña que conten con servizo de comedor en 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

d) Os ingresos máximos per cápita da unidade familiar non superarán os 6.000,00 € anuais, de conformidade co baremo que se establece na presente convocatoria.

e) Estar ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da participación neste programa, en caso de ser beneficiario/a da bolsa o curso escolar anterior.

f) Igualmente serán de aplicación os requisitos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións aprobado polo Real decreto 887/2006.

Canles de solicitude:

  • De forma presencial nos rexistros municipais:
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1 C.P. 15001, A Coruña
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1 C.P. 15006, A Coruña
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17, C.P. 15010, A Coruña
    • Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa Ancares, 15. 15190, A Coruña
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña
  • A través do rexistro telemático, identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. ATENCIÓN: advírtese un erro no documento da convocatoria que se achega en castelán e procédese á súa substitución o 29 de abril de 2019.

Documentos:

Folla de solicitude (167 KB)

Convocatoria e bases bolsas comedor 2019-20 (no documento hai un erro na data do título) (1 MB)

Documentos relacionados

  • Convocatoria e bases bolsa comedor 2019/2020 en galego (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión