Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de setembro de 2019

Lista provisional de bolsas comedor curso 2019/2020

No caso de que se requira documentación para completar a solicitude, o prazo de presentación de documentación é desde o 5 de setembro e ata o 18 de setembro.

As listas provisionais pódense consultar no Taboleiro de Edictos municipal e descargando o documento do final desta noticia, así como nos rexistros municipais, os diferentes centros cívicos e no teléfono de información cidadá 010. Neste documento, detállanse as persoas interesadas ás que se lles require documentación, as que presentaron a documentación completa e as que teñen a bolsa comedor denegada e o motivo da denegación.

  • Se se require documentación

As persoas interesadas teñen un prazo de 10 días hábiles para presentar a documentación requirida nas oficinas de Rexistro municipal situadas na praza de María Pita, núm. 1, no Fórum Metropolitano (rúa Río de Monelos, 1), no Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17) e no Centro Cívico Municipal de Mesoiro (rúa Ancares, 15).

O prazo para presentar a documentación requirida é desde o 5 de setembro e ata o 18 de setembro.

En caso de non presentala dentro deste prazo, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude de bolsa comedor para o curso 2019/2020.

  • Denegacións

No caso de que as persoas interesadas non estean de acordo coa denegación da bolsa comedor e o motivo polo cal se denega, poderán presentar alegacións, unha vez que se publiquen as listas predefinitivas. O momento de presentar calquera alegación ás listaxes de bolsa comedor será nun prazo de 10 días hábiles tras a publicación das listaxes predefinitivas. De facelo agora, tras a publicación das listaxes provisionais, as alegacións non estarían dentro de prazo.

Documentos:

Lista provisional de bolsas de comedor 2019/2020 (305 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión