Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de setembro de 2017

Listas definitivas parciais de bolsas de comedor curso 2017/2018

Podes consultalas no documento que se achega

As persoas solicitantes cuxa resolución apareza nesta listaxe como concedida, deberán recoller no seu centro cívico de referencia o anexo 2. O prazo para recoller o anexo 2 no centro cívico e posteriormente entregalo no comedor do centro educativo é de 10 días hábiles ( do 11 a 22 de setembro ambos os dous incluídos).

O 11 de agosto, aprobouse a lista provisional de solicitudes admitidas, non admitidas por incumprir requisitos, admitidas a trámite completas e admitidas con documentación pendente. Concedeuse un prazo de 15 días hábiles para que as persoas interesadas presentasen a documentacion requirida.

Finalizado o devandito prazo, o volume da documentación para analizar impide materialmente resolver todas as solictudes antes do comezo do curso escolar.

Ante isto, as persoas solicitantes que non figuran nesta listaxe están pendentes de valoración e resolución da súa solicitude. En próximos días, unha vez finalizado este trámite, publicarase a lista definitiva total.

Documentos:

Lista definitiva parcial de bolsa comedor (55 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión